domingo, 12 de abril de 2009

SOLIDARIEDADE COA FOLGA DE FAME ENCABEZADA POLO COMPAÑEIRO EVO MORAlES, PRESIDENTE DE BOLIVIA.



Os Socialistas Allendistas chilenos solidarizamos coa folga de fame que encabeza o compañeiro Evo Morales, Presidente de Bolivia xunto a un conxunto amplo de dirixentes de organizacións sociais e políticas en defensa do lexitimo dereito a unha maior participación política dos pobos orixinarios e do pobo de Bolivia, consagrado na nova Constitución maioritaria e activamente asumida polo pobo boliviano a través da súa Asemblea Constituínte.

O xesto e loita asumido por Evo Morales e o pobo boliviano para que sexa aprobada sen dilacións a Lei de Reforma Electoral Transitoria, conta con toda a admiración e solidariedade dos socialistas allendistas e da esquerda chilena.

A loita do pobo Boliviano encabezado polo compañeiro Evo morales é tamén o noso combate por unha sociedade verdadeiramente democrática, participativa e socialista.

Os socialistas allendistas comprometidos coa unidade da esquerda chilena para a construción dunha alternativa antineoliberal na nosa patria, reafirmamos a nosa solidariedade coa loita do pobo boliviano e o noso compromiso de traballar activamente na integración dos nosos pobos e nacións.

Santiago, 10 de abril de 2009.





Esteban Silva Cuadra, coordinador internacional Socialistas Allendistas

Coordinador internacional Campaña presidencial do cro Jorge Arrate

www.socialismoallendista.blogspot.com