domingo, 12 de abril de 2009

Protestas contra Obama en Istambul e Ankara






Martes 7 de abril de 2009


A visita do Presidente de EEUU Barack Obama a Turquía foi contestada con manifestacións en Istambul e Ankara.

sol (NEWS DESK) Tivo lugar unha manifestación de protesta pola visita do Presidente de EEUU Barack Obama, que chegou a Istambul onte á noite. Na manifestación de Istambul, organizada polo Partido Comunista de Turquía (TKP) na Estación de Autobuses de Taksim, declarouse que un aspecto importante da visita é negociar os "soldados baratos" de Turquía, e a visita de Obama reforzará a dependencia de Turquía do imperialismo de EEUU.


Os membros do TKP, que iniciaron a manifestación na organización de Beyoglu ás 12:30, portaban unha pancarta na que se lía "Obama, colle a Tayyip e largádevos", e corearon consígnas "Este país perténcenos, abaixo o imperialismo", "Únete á filas contra Obam, "Fethullah é gratis para quen compran a Tayyip" e "Iankis a casa".

"O noso pobo non debe delegar a solución dos seus problemas no imperialismo"

Tras a chegada dos manifestantes á Estación de Autobuses de Taksim fíxose unha declaración de prensa. Nesa declaración, Erkan Bas, presidente do TKP, recordou que todas as forzas burguesas, principalmente o goberno, fixeron o posible para presentar a chegada de Barack Obama a Ankara onte como ?unha festa e un canto de salvación?. Ao salientar que o TKP avisa principalmente ao pobo contra esta mentira, Erkan Bas dixo que ?ningun dos problemas do noso país pode resolverse por medio da intervención ou a manipulación do imperialismo. Só o noso pobo pode resolver os problemas do noso país, incluíndo aqueles causados polo propio imperialismo. Calquera que diga "vou resolver os vosos problemas" ao pobo de Turquía, mente.

"Obama está dando pasos para reforzar a dependencia"


Bas declarou que o pobo pode atopar solucións aos seus problemas unicamente organizándose e confiando na súa propia forza, e engadiu que presentar a Obama ao pobo como unha esperanza e un libertador é un símbolo de impotencia. Bas dixo que "todos os partidos burgueses, tanto no goberno como na oposición, son incapaces de crear unha alternativa distinta a ter un país completamente dependente". Recalcando que a maioría dos problemas de Turquía débense á dependencia do imperialismo, Bas engadiu "o TKP protesta pola visita de Obama ao noso país xa que vemos que se trata dun paso no fortalecemento desta dependencia. Os Estados Unidos son unha das forzas imperialistas máis importantes do mundo".

Os soldados máis baratos do mundo están en Turquía


Bas afirmou que o imperialismo é unha organización baseada na ocupación e a guerra. "Non necesitamos remontarnos moi atrás na historia ou acudir a rexións afastadas. Recordemos o que ocorreu nos países veciños, en Iugoslavia e Afganistán, na última década. Iraq aínda está invadido por EEUU", dixo Bas. Erkan Bas tamén sinalou que o apoio máis importante á permanente agresión israelí procede do imperialismo de EEUU. Bas subliñou que os EEUU elixiron unha nova administración para aplicar os seus novos plans, e que Obama, que foi posto á fronte desa administración, será quen aplique esas mesmas misións. Ao declarar que a visita de Obama a Turquía exemplifica este proceso, Bas dixo que o aspecto máis importante desta visita é o feito de que Turquía é o país cos ?soldados máis baratos? do mundo. A razón principal pola que Turquía é visitada por Obama en primeiro lugar, o que é glorificado polos colaboradores, é este feito, e inmediatamente tras expresar isto deberiamos tamén sinalar que a rápida realización dos seus plans na nosa rexión é unha prioridade principal da nova administración de EEUU".


Debemos organizarnos contra o imperialismo


Bas declarou que o TKP avisa ao pobo destes acontecementos e dixo "se o sangue da nosa mocidade foi posta na mesa de negociación, se os fillos dos pobres traballadores van ser enviados á guerra polos intereses dos EEUU, os que defenden a paz e a fraternidad deben fortalecer a súa forza organizada". Bas sinalou que a única vía para a salvación de Turquía é a loita contra o imperialismo e pola independencia, e engadiu "o noso pobo debe confiar na súa propia forza e organizarse para avanzar por esta vía. Todos os acordos feitos co imperialismo deben ser feitos cachizas, todas as bases militares de EEUU no noso país deben pecharse e a OTAN debería ser disolta". A manifestación finalizou tras a declaración de prensa.