domingo, 12 de abril de 2009

"Se a solidariedade é un delito, pedimos que nos condenen por este delito",


Miles de persoas manifestáronse en 80 cidades de Francia para protestar por unha normativa que ameaza con 5 anos de cárcere e unha multa de 30.000 euros a quen axuden aos inmigrantes en situación de ilegalidade, unha disposición que foi xa bautizada co nome de "delito de solidariedade".

As protestas responden ao chamado de preto de 40 organizacións de axuda aos e as inmigrantes que se atopan en Francia.

"Se a solidariedade é un delito, pedimos que nos condenen por este delito", sinalaban as pancartas dos manifestantes en París, Marsella, Estrasburgo e outras 80 cidades francesas, nas cales as onG organizadoras da protesta congregaron a miles de persoas para denunciar a norma.

De acordo coa convocatoria, cinco mil 500 persoas deben presentarse como prisioneiras para denunciar unha emenda do Goberno que prevé deter en 2010 igual número delas se son solidarias cos indocumentados.

Esta medida insérese nunha lei de máis de 60 anos que refire o artigo L 622-1 do código de entrada e estancia de estranxeiros en Francia.

A partir do mesmo castígase con cinco anos de cárcere e 30 mil euros de multa a quen por axuda directa ou indirecta facilite a entrada, circulación ou a residencia ilegal a un ?sen papeis?.

O Ministro de Inmigración, Eric Besson, dixo onte que os obxectivos de condena só se refiren ás ?persoas que participan activamente en tráfico de clandestinos?.

Os particulares ou voluntarios que se limitaron ?a acoller, acompañar ou albergar a estes grupos non serán perseguidos", expresou. Con todo, as asociacións dubidan que a emenda non se estenda aos que axuden ou sexan solidarios.

O obxecto da polémica é un artigo do código que regula a entrada e residencia dos estranxeiros en Francia, concretamente o L622-1, que contempla penas de prisión e multas para "calquera persoa que, con axuda directa ou indirecta, facilite ou intentado facilitar a entrada, circulación ou estancia irregular dun estranxeiro en Francia".