BOLIVIA:
Á esquerda, ¡NON BASTA GAÑAR ELECCIÓNS!
Ivan Pinheiro (*)
Evo Morales foi consagrado no medio ao seu mandato, en referendo convocado por el mesmo, con 67% dos votos, ou sexa, 14% máis de cando foi elixido Presidente en 2005 (53%).
Ata na Media Lúa, onde brota o separatismo, Evo dividiu ao electorado: gañou en Pando, empatou en Tarija e perdeu por pouco en Beni e Santa Cruz de la Sierra. Do total dos nove Departamentos (Estados) de Bolivia, gañou en sete. Aínda nos dous en que perdeu, tivo máis votos que en 2005. Na Paz que, xunto co Alto, ten un terzo do electorado nacional, Evo tivo 83% dos votos.
Dous prefectos (gobernadores) de Departamento tiveron os seus mandatos revogados (A Paz e Cochabamba), ambos da dereita. Os dous únicos prefectos do MAIS (partido de Evo) foron confirmados (Oruro e Potosí). Doutra banda, foron tamén confirmados os catro prefectos de dereita da "Media Lúa" (Santa Cruz, Beni, Pando e Tarija), que implantan o "autonomismo", eufemismo para disfrazar o movemento separatista, dirixido e financiado polo imperialismo.
O noveno Departamento (Chuquisaca, cuxa capital é Sucre) só votou con relación ao mandato presidencial, pois a Prefecta (oposición moderada) asumira o cargo pouco antes do referendo do 10 de agosto, en función do afastamento do titular. Aínda coa insatisfacción en Sucre, que se reivindica capital do país, Morales gañou en Chuquisaca con 54%.
O resultado do referendo é máis unha proba da manipulación da prensa burguesa mundial. Quen imaxinaría que o Presidente boliviano tería máis de dous terzos de confianza popular? Que en Santa Cruz (que hegemoniza o separatismo), Evo tería 44% de votos favorables? Acórdanse do inconstitucional "referendo autonómico" (non recoñecido polo órgano electoral nacional de Bolivia), en que o prefecto de alá anunciou 80% de votos pola autonomía, nun proceso de votación e apuración que non contou con fiscalización ao lado contrario nin con observadores internacionais?
A manipulación foi escandalosa como sempre. A impresión era de que o Presidente estaba illado, espremido entre a esquerda e a dereita. De feito, a dereita aproveitouse ben do erro táctico da histórica, unitaria e combativa COB (Central Obreira Boliviana), que forzou unha folga xusta por unha reivindicación xusta, só que na hora errada (a vésperas do referendo), abrindo espazo para que sectores sectarios minoritarios recorresen a formas de loita inadecuadas para a ocasión (destrución de pontes con dinamita, para bloqueo da estrada que cruza o país). Conseguiron dous cadáveres para axitar "Fora Evo asasino", con ampla cobertura da prensa burguesa.
Por incrible que pareza, eses sectores, supostamente ultra-esquerdistas, predicaban o "voto castigo" a Evo, baixo a bandeira "Nin Evo nin a oligarquía". Oportunistas, ¡votaron para revogar o mandato do Presidente, para presentarse como alternativa nunha nova elección!
As oligarquías fixeron un show mediático ao redor da "folga de fame cívica" na Media Lúa, en que saudables mozos pequeno-burgueses deitábanse teatralmente en carpas durante o día - asistindo as Olimpíadas na televisión ? descansando da farra da madrugada, en que se alimentaban, bebían, namoraban e divertíanse.
A Unión Xuvenil Cruceñista (de Santa Cruz), vangarda violenta da dereita racista e separatista, non permitiu que Evo e Álvaro García Linera (Vicepresidente) fixesen campaña persoalmente na Media Lúa, bloqueando estradas e pistas de aeroportos. Todas esas accións, divulgadas como manifestacións populares, foron promovidas polos mesmos novos fascistas cruceños, financiados pola embaixada norteamericana, concellos locais e mesadas de papás e avós. Profesionais, móvense por toda a Media Lúa. Non foi sen xeito nin dereito que os ilegais "referendos autonómicos" promovidos na rexión déronse en días diferentes, para que eses provocadores puidesen estar en todos, agredindo e intimidando á poboación proletaria, especialmente á indíxena, para non votar.
A revogación do mandato dos dous prefectos de dereita, en departamentos importantes (A Paz e Cochabamba), onde Evo venceu aplastadoramente, será unha ganancia para o goberno, que en breve deberá elixir os seus candidatos á elección complementaria. Como foi elixido Presidente, en 2005, máis polos pobos orixinarios e movementos sociais de que por estrutura partidaria, ata agora Morais só tiña dous prefectos aliados (Potosí e Oruro).
Coa vitoria no referendo de 10 de agosto, desmontouse un probable golpe da dereita que estaba en curso e que podería ser retomado inmediatamente despois do anuncio dos primeiros resultados, se fosen negativos para o goberno. O Presidente saíu fortalecido. Mellorou o seu posicionamento para enfrontar o imperialismo e a oligarquía. Se desmoralizó a manipulación da prensa burguesa que o viña caracterizando como illado, física e politicamente, espremido entre a esquerda e a dereita. A partir de agora, o Presidente fala máis forte.
Pero, na loita de clases, non hai espazo para ilusións. A dereita mantivo as súas cidadelas na Media Lúa, o que non retira o separatismo da orde do día. A confirmación dos seus prefectos ? aínda que con votación ben debaixo da esperada por eles ? permite a difusión dunha versión do resultado, cun discurso de que houbo un empate. Non deixan de ter algunha base para iso. Finalmente, a Media Lúa oriental, de maioría branca, onde están a pecuaria e os hidrocarburos (petróleo e gas), representa 45% do PIB boliviano e máis dun terzo do territorio e da poboación do país.
Manipulando o resultado das urnas, a oligarquía medialunense radicalízase despois do referendo. Convoca lockout, con nome de "folga cívica". En Santa Cruz, aplican os "estatutos autonómicos", inspirados na Constitución de Kósovo, enclave que se tornou país, artificialmente creado baixo o mando do actual embaixador norteamericano en Bolivia. Á marxe da Constitución Federal, lexislan sobre eleccións, organización de poderes, economía (incluíndo exportación e tributos), creación de institucións locais (ata policía propia); ousan nomear unilateralmente autoridades para as reparticiones federais no Departamento.
O Presidente ten agora máis alento e peso político para enfrontar en mellores condicións os temas conxunturais, como a Lei de Pensións, o IDH (Imposto Directo sobre Hidrocarburos), a nova Constitución, o separatismo, o tema da capital do país. Ten o dereito e o deber de desprazarse para calquera parte do país, enfrontando, coa seguridade necesaria, as agresións e obstrucións que a dereita continuará practicando. Ten máis lexitimidade e autoridade ata para negociar cos Departamentos, o que non sexa cuestión de principio, a partir dunha posición máis forte.
A axenda boliviana os próximos meses vai ser marcada por dous temas que se sobrepón: as autonomías departamentais e o referendo sobre a nova Constitución, xa redactada e aprobada pola Asemblea Constituínte específica fai un ano. A dereita fará de todo para evitar este referendo, pois a nova Constitución vén para consolidar e avanzar cambios progresistas.
A continuidade e o avance do actual proceso de cambios ? ben definido como unha revolución democrática e cultural ? e a posibilidade del vir asumir un carácter socialista van depender principalmente da correlación de forzas, do nivel de conciencia, organización e mobilización das masas populares, sobre todo da unidade obreiro-campesiña. Pero vai depender tamén da vontade política de Evo Morais, do seu goberno e do seu partido (MAIS), ou sexa, vai depender do que o dirixente do Partido Comunista Boliviano (sigla homónima ao noso PCB), Marcos Domich, chama de "golpe de poder", ou sexa, da determinación do goberno de non conciliar máis coa violencia dos grupos dereitistas e co separatismo, de retomar o exercicio do goberno, de avanzar en medidas para mitigar as inxustizas sociais, asegurando terra aos campesiños e dereitos aos traballadores. E, sobre todo, de convocar inmediatamente ao referendo popular para a aprobación da nova Constitución. O momento é este: a tendencia é de nova vitoria, por ampla maioría.
Polo que sentín persoalmente en Bolivia, iso é o que as masas populares esperan de Evo Morales: un goberno para chamalo de seu. Se o Presidente concilia, quedará sen respaldo algún, nin dos oprimidos nin dos opresores. Ou renuncia ou cae, como un castelo de cartas. E se opta por avanzar, como se espera, non nos enganemos. A radicalización vai aumentar ata unha inevitable ruptura violenta, en que ? máis que a correlación de forzas no terreo estritamente militar - os obreiros, campesiños e traballadores en xeral poden facer a diferenza.
Na Bolivia de hoxe, non hai espazo para a conciliación de clase.
(*) Ivan Pinheiro, Secretario Xeral do Partido Comunista Brasileiro (PCB), estivo na Paz e Santa Cruz, antes, durante e despois do 10 de agosto.
Tradución: Franz Mariscal