Fonte: www.la-epoca.com
Se cabía algunha dúbida, a realidade encargouse de despexala. Evo Morales é o presidente da Bolivia cunha lexitimidade nunca antes vista e xamais gozada por outro xefe de Estado. E ese histórico triunfo, que non o cegou, deulle o mandato de ir cara á aprobación da Constitución Política do Estado, actuar con firmeza diante os actos de desestabilización, convocar ao diálogo para traballar pola unidade dos bolivianos e aplicar a lei en todo o territorio nacional.
E así o explicou o Xefe de estado na noite do domingo, preto das 21 horas, cando en todos os recunchos do territorio boliviano e no mundo coñecíase que o pobo soberano lle deu un pouco máis do 63 por cento do total de votos válidos no referendo revogatorio. “É importante, en unidade, ir cara á aprobación da Constitución Política do Estado”, afirmou Morales diante de decenas de milleiros de persoas que lle pedían man dura coa oposición.
Intelixente e experimentado, relaxado e agradecido, Evo non lle dixo non á suxestión popular que se desprendía das miles de gorxas, pero tampouco caeu no discurso provocador que os prefectos opositores da “Media Lúa”, por centos de quilómetros, lanzaban contra o Xefe de Estado ante o aplauso dos seus seguidores en Santa Cruz, Pando, Tarija e Beni.
A satisfacción do goberno e da maior parte dos bolivianos non é para menos. O resultado do referendo revogatorio de mandato popular determinou unha nova correlación de forzas altamente favorable para o proceso de cambio e transformación que o presidente Morales se comprometeu a seguir executando.
Non hai que chamarse ao engano. A realidade nacional é unha e a departamental é outra. Así o entendeu o pobo e a consulta popular -a primeira dese tipo que se realiza na Bolivia-, encargouse de rubricala nunha xornada que, agás illados actos de violencia de grupos paramilitares en Santa Cruz e Beni, caracterizouse por unha masiva participación social e cidadá.
E o cadro político está dado non só porque unha votación do 63% é un dato da realidade que nunca se dera na historia boliviana, senón tamén porque o proxecto nacional-popular mereceu un respaldo superior ao obtido en decembro de 2005, cando o MAS acadou o 54 por cento. Agás en Chuquisaca, onde hai unha lixeira diminución, a figura presidencial, vicepresidencial e a proposta de cambio recibiron un apoio esmagador nos departamentos do occidente, con máis do 70%, e tamén subiu en lexitimidade no oriente.
De acordo aos resultados da consulta, nos departamentos controlados ata agora por prefectos opositores, Morales, en comparación ás eleccións de 2005, subiu en Beni de 16% ao 43%, Santa Cruz do 33% ao 39%, Tarija do 31% ao 47% e Pando do 20% ao 49%. É dicir, a lexitimidade presidencial é nacional destruíu o criterio de que a súa fortaleza é só na rexión occidental.
Os presaxios de que Evo ía recibir un voto castigo polos lamentables feitos de Caihuasi, onde dous mineiros morreron tras un enfrontamento coa policía e que o goberno se comprometeu coa COB a investigar no marco dun convenio, asinado o sábado, para traballar unha nova lei de pensións, non afectaron ao grande respaldo que o líder indíxena recibiu no departamento de Oruro.
Hai unha razón adicional para a satisfacción gobernamental. A democracia boliviana, na que ata o ano 2002 a poboación votaba pero non elixía ás súas autoridades, enriqueceuse a partir de decembro de 2005, pois o pobo, como di Morales, “non só elixe senón ratifica ou revoga ás súas autoridades”.
Pero o triunfo nacional non conduciu ao presidente boliviano polo camiño da soberbia na que aterraron os prefectos da oposición. Morales convidounos a traballar pola unidade da Bolivia, a loitar pola diminución da extrema pobreza e converxer esforzos pola igualdade e a xustiza para os homes e mulleres da cidade e o campo.
“Convocou a todos os prefectos a traballar por todos os bolivianos, respectando as leis e as normas”, exhortou o Xefe de Estado ao asegurar que polo mandato recibido non haberá un lugar no país onde non leve adiante o proceso de transformación revolucionaria.
Pola Constitución
A situación do goberno é inmellorable. De estar acurralado entre agosto de 2007 e abril de 2008, o triunfo político do domingo colócao en condicións favorables para aproveitar o impulso e ir pola Constitución Política do Estado aprobada en Oruro en decembro pasado.
E Evo non se perde nos profundos carreiros da soberbia e saca a arma que só os grandes na vitoria son capaces de ter: a humildade. E isto significa, para o incansable líder indíxena: traballar para viabilizar a Constitución e os estatutos autonómicos.
Malia que as medidas de transformación estrutural non necesitaron dunha nova Constitución, o máximo condutor da Revolución Democrática e Cultural, como se bautizou ao proceso de cambio, está convencido de que a sua profundización depende, aínda que non exclusivamente, dun marco constitucional que axude a camiñar máis rapidamente cara a unha sociedade con igualdade de dereitos e oportunidades para todos.
A batalla pola aprobación da Constitución ingresa nun novo cenario. O goberno e o MAS sábeno e non están dispostos a perder a oportunidade. Pero, como se desprende do discurso presidencial, o deputado Cesar Navarro sostivo que os actores políticos e rexionais teñen a enorme responsabilidade de ir nesa dirección.
O proxecto de Constitución foi aprobado polo MAS e outras dez forzas políticas representadas na Asemblea Constituínte, ademais de disidentes de Podemos, MNR e Unidade Nacional que cuestionaron o boicot dos seus xefes de partido.
En todo caso, criticados polo goberno, a oposición cívico-rexional e a maior parte da poboación, os partidos representador no Congreso, a excepción do MAS, recibiron unha seria interpelación. Haberá que ver como reaccionan os partidos -Podemos, UN e MNR- para ser parte da solución e non do problema, segundo coincidiron diversos analistas na noite do domingo.
Recursos naturais e nacionalización
A apertura ao diálogo do presidente Morales non é un sinal de debilidade nin moito menos unha manifestación de inseguridade do camiño a percorrer. Nunha clara alusión aos prefectos e un chamado á tolerancia aos seus seguidores, o Xefe de Estado dixo en ton sinceiro e firme: “invítoos a sumarse a esta Revolución Democrática e Cultural para avanzar cara a outras nacionalizacións dos nosos recursos naturais”. A terra é unha delas.
Non había necesidade de entrar en detalles. O Xefe de Estado estábase referindo á nacionalización do petróleo, en maio de 2006; ao idéntico camiño seguido por catro empresas transnacionales petroleiras, en maio de 2008, e á recuperación do control estatal da Empresa Nacional de Telecomunicacións (ENTEL) e da empresa metalúrgica Vinto.
E, aínda por riba, nunha clara negación da experiencia nacionalista do período 1952-1985, cando o capitalismo de Estado só significou beneficio para as clases dominantes, Morales deu unha pauta do seu inequívoco compromiso por un xeito distinto de distribuír os excedentes: “hai que terminar coa extrema pobreza”.
O proxecto do goberno, que nega tallantemente ao modelo neoliberal, que mesmo liquidou a sectores da burguesía nacional, consiste nunha articulación entre o Estado, a iniciativa privada e a constitución de empresas comunitarias. E se hai dúbidas, chega con só escoitar o chamado de Morales aos “empresarios patriotas”.
Non ha ser doado.
Pero o presidente Morales sabe que o camiño por percorrer non será doado e que o seu compromiso coa patria, pola cal dixo estar disposto a seguir traballando sen descanso, demandaralle esforzo, amplitude e firmeza.
A pouco de coñecerse o resultado da votación no referendo revogatorio, a dereita xa dá sinais de alistar unha contraofensiva contra o goberno desde as rexións, aínda que o vicepresidente Alvaro García Linera di que en diante o Poder Executivo será implacable en aplicar a lei.
“Non teño ningún medo, sei onde me metín”, sinalou o presidente boliviano Evo Morales desde o Chapare, no central departamento de Cochabamba, o seu cuartel central desde que foi dirixente sindical e o punto de partida desde onde construíu, paso a paso, un liderado nacional que en decembro de 2005 levouno a Palacio Queimado.
A reflexión é clara e o anticipo aínda máis lúcido. O presidente boliviano sabe que o triunfo electoral, que superou a barreira do 63%, non terminará coa implacable oposición que experimentou nos seus dous anos e cinco meses de estar ao mando do Estado.
Na mañá deste domingo, o prefecto Costas confirmou o temor. “Desde o luns, xunto aos outros tres departamentos, imos profundar a aplicación do noso estatuto autonómico”.
O domingo na mañá o vicepresidente Alvaro García Linera anticipouse á bravuconada de Costas e asegurou que despois do referendo haberá que traballar para restablecer a institucionalidade e os dereitos das persoas.
A esa posición, na que se apela á organización e a mobilización que García Linera aprecia como as mellores armas, sumouse o presidente Morales, quen reiterou que “só a conciencia do pobo boliviano salvará ao pobo boliviano”.
Responsabilidade internacional
Quizá nunca pensou na responsabilidade que noutras latitudes do mundo se lle demanda. Non é unha esaxeración e a iso, como non sucedera ata agora, o presidente boliviano encargouse de mandar unha mensaxe.
Este triunfo da Revolución Democrática e Cultural é unha dedicatoria a todos os revolucionarios do mundo e non ocultou a importancia que a vitoria representaba para a América Latina na que unha onda de emancipación vaise abrindo paso a pesar dunha contraofensiva dos Estados Unidos e dos sectores conservadores.
Na véspera, delegados de partidos latinoamericanos de esquerda reunidos na Paz pronunciáronse a favor do proceso boliviano, pero quizá a sorpresa alcanzou niveis maiores cando para terminar o seu discurso unitario e reflexivo, o condutor da revolución boliviana terminase cun
¡Patria ou Morte! e unha Praza Murillo na Paz e as prazas de armas de Cochabamba e Potosí retumbasen co berro da xente: