Chàvez e o ultimato aos aliados
Vladimir Villegas
Aporrea
O ultimato do presidente Hugo Chàvez ao PPT, ao PCV, ao MEP e á UPV de Lina Ron para que se definan ou se vaian dunha boa vez, como o afirmou o propio mandatario nacional, é desas cousas que un prefire non escoitar, e menos cando provén dun líder político como o é o xefe do Estado, ao redor de quen se generò un bloque de forzas que o veu acompañando, nos seus acertos e nos seus erros, a travès desta dècada.
"Non foi comigo e doeume", é unha expresión que se fixo moi popular para describir o desagrado que xera o atropelo contra os demais. E neste caso "os demàs" son nada màs e nada menos que seres humanos , cunha historia individual e colectiva que merece respecto e que non pode ser despachada cunha reacción desa natureza.
Podo dicir, por exemplo, que as alusións a un loitador social e revolucionario de toda a vida, como Jerónimo Carreira, presidente do PCV, síntoas coma se estivesen dirixidas contra o meu propio pai, Cruz Villegas, un dirixente obreiro e popular que nos enseñò, entre outras cousas, o valor da crítica, da discusión e da honestidade intelectual para defender os puntos de vista que consideramos adecuados. Jerónimo, quen xa pasa de longo os oitenta anos, estaba bregando contra a represión, contra as ditaduras e en condicións absolutamente adversas cando os protagonistas do actual proceso de cambios nin sequera naceran. Esa é unha verdade incontrastable. E non creo que a estas alturas da súa vida alguén poida pór a Jerónimo en dúbida.
Pero o mesmo pode dicirse doutros dirixentes dos movementos que apoiaron ao presidente Hugo Chávez. Por exemplo, Rafael Uzcátegui, do PPT, torturado polos gobernos do puntofijismo, detido polos acontecementos de febreiro e novembro de 1992, e quen logrou saír do Cuartel San Carlos en 1994 grazas a que foi electo deputado. Como paradoxo, dise que os seus delatores hoxe vístense de vermello rojito.
Estimo que a importancia dun cadro político, dun loitador ou de calquera individuo vai alen dunha porcentaxe electoral. E a alianza debería ser algo máis que a suma de numeriños. Creo que a experiencia ocorrida no referendo constitucional de decembro pasado ensina que mesmo os factores políticos màs pequenos electoralmente son necesarios. En política dúas màs dúas non son catro.
A forma tamén é fundamental na política. Non sò o fondo. Unha política, un liderado poden ser adecuados en determinado momento. Pero se se pretende impolos con prepotencia, sen debate democrático, sen respecto aos demais, trátese de partidos ou de individuos, os resultados poden non ser os esperados. Esa minoría á que se refire o Presidente Chávez librou loitas importantes en materia de defensa dos dereitos do pobo. E iso custou vidas, cárceres, torturas, desaparicións. E non creo que ninguén poida borrar esa historia.
A reacción do Presidente fronte ás dificultades no proceso de unidade busca resolver pola vìa da presión o que necesariamente ten que ser o resultado dun debate. Se xurdiron candidaturas distintas ás do PSUV e teñen forza e son encarnadas por homes ou mulleres que apoiaron o proceso de cambios, iso é indicativo de que algo está pasando, e de que a soa pertenza ao partido de Chávez non é garantía de vitoria.
Non se pode estar fabricando traidores onde non os hai, nin converter as diferenzas electorais en ocasión para sacar a relucir vellas facturas que deberon ser procesadas no seu momento. O menosprezo aos aliados, ademais de inxusto, pode resultar contraproducente, falando en termos fríamente electorais. A pelota é redonda, e ás veces un wolkswagen é màs útil que un portaavións.