Aí vén a Cuarta Flota
VIRTIN REDE INFORMATIVA
Frei Betto - Adital
O día 12 de xullo os Estados Unidos de América decidiron reactivar a sua IV Flota Naval -a que vixía os mares do Sur-, que estivera activa entre 1943 e 1950, tras a Segunda Guerra Mundial, e que desde entón estivera desactivada. Compón a flota 22 navíos: 4 cruceiros con mísiles, 4 destrutores con mísiles, 13 fragatas con mísiles e 1 navío hospital.
Segundo as autoridades usamericanas, o obxectivo é "realizar accións humanitarias". Entón, para que tantos mísiles? E, nese caso, por que non comezar por permitir que Porto Rico recupere a súa soberanía, suspender o bloqueo a Cuba, devolver a base naval de Guantánamo (sacando aos prisioneiros de alá e do limbo xurídico ao que están condenados) e reducir os subsidios agrícolas que estrangulan o libre comercio?
Segundo o almirante Gary Roughead, xefe das operacións navais, a IV Flota intenta combater o tráfico de drogas, de armas e de persoas, así como a piratería que ameaza o fluxo do libre comercio nos mares do Caribe e de América do Sur.
Non sería máis sensato comezar por combater o tráfico de drogas e de armas dentro dos EE.UU., que segundo o informe da ONU divulgado en xuño, figuran entre os maiores consumidores dos devanditos produtos letais?
É a vella historia do lobo malo que pretende enganar a Carapuchiña Vermella. Quen cre que un nariz tan grande é só para cheirar á netiña? Non é moita coincidencia que a IV Flota sexa reactivada no momento en que Cuba profunda a súa opción socialista, Daniel Ortega regresa á presidencia de Nicaragua, o Brasil descobre reservas petrolíferas baixo o estrato pre-sal, e América do Sur está sendo gobernada por persoas como Chávez, Lula, Correa, Kirchner, Morales e deica pouco Lugo, que non morren de amor polo Tío Sam senón que se empeñan en reducir a dependencia dos seus países en relación aos EE.UU.?
O comandante da IV Flota é o contraalmirante Joseph Kernan, de 53 anos. Non fixo a súa carreira na Mariña convencional senón na forza de elite (SEAL) destinada a operacións especiais de combates non convencionais e represión do terrorismo. Moi humanitario?
Os EE.UU. senten incómodos coa actual conxuntura latinoamericana, en especial co feito de que o presidente Lula se empéñe na creación da UNASUL (Unión de Nacións Suramericanas) e do Consello Suramericano de Defensa (agora apoiado mesmo por Colombia), dous organismos que, como o Mercosur e o Alba, exclúen a participación dos EE.UU. e volven inocuos o Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca e a Xunta Interamericana de Defensa, que sempre estiveron baixo o control da Casa Branca.
A exemplo da Unión Europea, a UNASUL integrará o Mercosur e a Comunidade Andina de Nacións, incluíndo a Güiana e a Surinam. A integración completa deses dous bloques foi formalizada en Brasília en maio deste ano, durante a reunión dos presidentes suramericanos. UNASUL terá a súa sede en Quito; o seu Banco do Sur en Caracas e o Parlamento en Cochabamba, Bolivia.
Mesmo baixo a fantasía da avoíña o Tío Sam quere impedir que a China veña a instalarse nos mares do Sur. O 90% do comercio mundial depende hoxe día de barcos, e Beijing empéñase en ampliar e protexer as súas rutas, incluíndo as que conducen ao noso continente.
O goberno brasileiro xa manifestou a súa desconfianza á Casa Branca. Os recentes descubrimentos de petróleo nas costas brasileiras, nun momento en que o barril pasa dos US$ 140, con seguridade suscita a ambición dos EE.UU., cuxos abastecedores, como Venezuela, non son confiables.
Con tantas embarcacións de alta tecnoloxía e poder de lume nos nosos mares os usamericanos poderán controlar a plataforma submarina e a navegación dos nosos países rumbo à África e a Asia.
A zooloxía ensina que todo animal acurralado deféndese con ferocidade. É o caso do Tío Sam, cuxa moeda perde poder de compra, a súa economía afúndese nunha crise de longo alcance, o seu empantanamento en Iraq non mostra ningunha luz ao final do túnel, e os brancos republicanos ven na inminencia de transferir o poder a un negro demócrata.
Autor de "A arte de sementar estrelas", entre outros libros.
Tradución de J.L.Burguet