EFE - Bruxelas - 25/08/2008
Varios internos dun centro de detención de inmigrantes sen papeis próximo ao aeroporto de Bruxelas, sobre os que pesa unha orde de expulsión, intentaron escapar onte tras prender lume aos servizos do edificio.
As forzas de seguridade despregáronse de forma masiva para frear calquera intento de evasión e onte descoñecíase se había feridos, segundo a axencia Belga. Os disturbios na instalación, situada na localidade de Steenokkerzeel, comezaron a noite do sábado cando varios internos provocaron un incendio. Entre os internos figura o ecuatoriano Rothman Salazar, de 19 anos, que podería ser expulsado do país tras seis anos vivindo en Bruxelas xunto á súa familia.