O curto camiño entre O País e a Casa Branca
O País,ten unha nova fichaxe. Trátase de Moisés Naím. Este artigo
desvela as relacións entre este novo columnista do PAÍS e os
intereses políticos e económicos dos EEUU.
Quique Guerreiro (Boltxe)
O País, diario español do grupo Prisa, ten unha nova fichaxe. Trátase de Moisés
Naím. Quen é Moisés Naím? Este artigo desvela as relacións
entre este novo columnista do PAÍS e os intereses políticos e
económicos dos EEUU.
Nos seus primeiros artigos desde que entrou en persoal, o columnista
fálanos de diferentes asuntos de política internacional. Pero hai un tema
que parece obsesionarlle: a Venezuela de Hugo Chávez, da que fala na
maioría das súas misivas.
A columna leva por título o Observador Global. Pero quen é este observador?
Quen é o novo encargado de berrar contra a Revolución
Bolivariana as mentiras e medias verdades ás que nos teñen
afeitos? Quen é a fichaxe contratada en plena campaña polo
Referendo Constitucional Venezolano?
Este personaxe era ministro de Industria e Comercio co goberno de Carlos
Andrés Pérez cando sucedeu o Caracazo. No Caracazo, unha revolta
popular contra as reformas neoliberais do goberno que sumían na
pobreza á poboación, producíronse centos, quizais milleiros, de asasinatos
de cidadáns por parte das forzas da orde. A Corte Iberoamericana de Dereitos
Humanos declarou responsable destes feitos ao Goberno de Venezuela.
Ou sexa, Moisés Naím é responsable, en maior ou menor medida, de asasinatos
segundo a citada Corte.
Lembremos que Carlos Andrés Pérez segue a ser prófugo da xustiza
venezolana. Hoxe Moisés Naím vive en Wáshington, capital do imperio. Foi
ademais membro da xunta directiva do Banco Mundial.
Invítovos a un paseo pola rede no que se pon de relevo as
vinculacións entre este suposto observador e a Casa Branca.
Moisés Naím dirixe a revista Foreign Policy (FP). Na portada do último
número de 2007, Foreign Policy presentábanos unha foto de George Bush con cara
de preocupación e mirando ao ceo. E titulaba: Iraq non é culpa súa,
é culpa túa. O artigo ao que fai referencia a portada comeza así:
É fácil botarlle a culpa do que está pasando en Iraq e de toda a
violencia ao presidente, a un puñado de neocons ou a un exército
sobreforzado. Pero a verdadeira culpa é tamén do cidadán
estadounidense que cada vez pide máis e está disposto a sacrificar menos...
No seu primeiro número de 2008 a revista titula: Un mundo sen Islam, e no
corpo do artigo reflexiona sobre unha relixión detrás da cal, segundo
o autor, está unha ampla variedade dos desordes internacionais: ataques
suicidas, coches bombas, ocupacións militares, loitas de resistencia,
disturbios, fatuas, jihads, guerras de guerrillas, vídeos amenazadores e o
propio 11 de Setembro.
A revista está subvencionada por Carnegie Endowment for International
Peace. Moisés Naím está entre o seu grupo de expertos.
Entre as entidades e organismos que fixeron donativos á fundación, e
xa que logo á revista, están BP USA, Exxon Mobil, a fundación Ford,
Gral Motors, o Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, a fundación
Rockefeller e un longo etcétera .Entre os programas que desenvolve a
Fundación destaca un chamado O papel de EEUU no mundo. Neste
capítulo, analízase a forma na que, segundo a Carnegie Endowment for
Internacional Peace, débense dirixir as accións da Administración
estadounidense na súa loita internacional para a extensión da liberdade.
Moisés Naím non é o único vínculo entre Foreign Policy e O País. Outro dos
columnistas do xornal, Andrés Ortega, é o director da versión
en español da revista. Andrés Ortega traballou tamén para os
gobernos socialistas de Felipe González e para a área de debate do grupo
PRISA.
O columnista Moisés Naím dirixe tamén o Grupo dos Cincuenta (50-G)
que está composto por un selecto grupo de executivos dalgunhas das máis
importantes compañías do sector privado do continente Americano. Ten a súa
base central en Wáshington. Este grupo opera ao amparo do Carnegie
Endowment for International Peace.
Moisés Naím forma parte da dirección da fundación National Endowment
for Democracy. A NED recibe unha subvención anual do congreso dos
Estados Unidos. A través dos seus programas reparte varios millóns de dólares
para organizacións subversivas en Venezuela (para ter unha información
detallada sobre o labor da NED en Venezuela, remito ao lector ao
discurso do Embaixador Jorge Valero ante o Consello Permanente da Unión
de Estados Americanos). Unha parte importante recíbea Sumar, famoso grupo
opositor venezolano. Pero a organización que recibe un montante maior é o
IRI: International Republican Institute.
O International Republican Institute foi fundado por Ronald Reagan e os seus
directivos son, case na súa totalidade, antigos membros da administración
estadounidense. Entre os máis coñecidos, destaca Paul Bremer (enviado
presidencial a Iraq).O IRI está pagado pola NED e pola axencia dos
EEUU para o desenvolvemento internacional (USAID).
Creo que se pode concluír que o diario O País, coa fichaxe de Moisés
Naím, penétrase aínda máis na súa misión de altofalante do imperio en España.
Moisés Naím non é un observador, senón un actor de primeiro nivel no aparello
propagandístico dos EEUU e das transnacionales posuidoras da
inmensa maioría do capital internacional. Moisés Naím, o columnista do
País, é un dos maiores ideólogos do capitalismo mundial e, por iso,
persegue a Hugo Chávez.
Quique Guerrero
http://www.boltxe.info/berria/