Declaración oficial do Goberno de Cuba.
Cuba defende a paz como requisito indispensable para o desenvolvemento de todos os pobos do mundo.
Durante máis de medio século o noso pobo foi victima das agresións dos gobernos dos Estados Unidos que lle obrigou a investir incontables recursos e enerxía. foi firme e tenaz na defensa da soberanía do país e apoia os esforzos da ONU e a súa loita pola paz.
Unha parte do noso territorio está ocupado pola forza desde hai máis de 100 anos e nunca Cuba tentou nin tentará usar a violencia para recuperala. A súa política exterior é coñecida e recoñecida pola comunidade internacional.
Xorde neste instante unha crise que inqueda aos pobos, orixinada polas noticias dos combates que estalaron no Cáucaso, na fronteira ao Sur de Rusia.
Ao desintegrarse a URSS, Osetia do Sur, anexada pola forza a Xeorxia, coa cal non compartía nacionalidade nin cultura, conservou a súa condición de república autónoma coas súas autoridades locais e a súa capital Tsjinvali. Ao mencer do 8 de agosto, Xeorxia, en complicidade co goberno dos Estados Unidos, lanzou as súas forzas contra Osetia do Sur intentando ocupar a capital, o cal anunciou publicamente o mesmo día no que se inauguraban os Xogos Olímpicos en Beijing.
É falso que Xeorxia estea defendendo a soberanía nacional.
As tropas rusas estaban legalmente na Osetia do Sur como forza destinada a garantir a paz como coñece a opinión internacional; non cometeron ningunha ilegalidade.
A solicitude dunha retirada previa dos invasores é xusta e o noso goberno apóiaa.
Cuba, ameazada polas forzas de Estados Unidos, non pode, como unha cuestión de principios, aceptar un alto ao fogo sen a retirada dos invasores. Se fose atacada por forzas estranxeiras xamais admitiría tal tipo de alto ao fogo.
Raúl Castro Ruz
Presidente dos Consellos de Estado e de Ministros
A Habana, 10 de agosto de 2008