Comunicado das delegacións do Partido do Povo Palestino e do Partido
Comunista de Israel na súa visita ao Grupo da Esquerda Unitaria Europea
Unha delegación composta por Bassam A.Ou. Salji, Secretario do Partido do Povo Palestino (PPP) e membro do Consello Lexislativo Palestino, Assem G.R. Abdelhadi, membro do Buró Político do PPP e o deputado israeli Mujammad Barakeh, lider de Jadash (Fronte pola Paz e a Igualdade) e membro do Buró Político do Partido Comunista de Israel (PCI), visitou a iniciativa do grupo do KKE o Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) no Parlamento Europeo o 14 de maio de 2008.
Tras a visita, a delegación emitiu o seguinte comunicado de prensa:
"Hoxe tivo lugar un encontro moi importante entre o Grupo da Esquerda Unitaria Europea, o PPP e o PCI. Todos os europarlamentarios que participaron nesta reunión coincidiron en que é moi importante pór fin á ocupación israelí dos territorios palestinos e acadar a paz na zona mediante o establecemento dun estado palestino que inclúa todos os territorios ocupados en Cisxordania, incluíndo Xerusalén Este, e Gaza. É moi importante que se apliquen todas as resolucións da ONU, incluíndo a resolución 194 (relativa ao tema dos refuxiados). Ao mesmo tempo pedimos á Unión Europea que continúe apoiando á Autoridade Palestina, non só financeira e economicamente, senón tamén por medio dunha posición política distinta da política de EEUU, co fin de axudar no tema palestino e nos temas de Oriente Medio e de incrementar as relacións entre os partidos do Grupo IUE no Parlamento Europeo co PPP e o PCI".