Message to the CP of Burma regarding the last natural disaster in Myanmar
Partido Comunista de Grecia, Mensaxe ao PC da Birmania acerca da derradeira catástrofe natural na Birmania
O KKE (CPG) expresa a súa solidariedade plena co povo, os comunistas e as forzas antiimperialistas de Myanmar que sofren estes días non só os encarceramentos, prohibicións e opresión do réxime ditatorial senón tamén as consecuencias tráxicas do bíblico desastre natural.
Os traballadores e as capas populares pobres son sempre as vítimas da catástrofe natural, mentres o grande capital, as organizacións imperialistas internacionais e o réxime ditatorial, saen unha vez máis beneficiados; así como aqueles cuxa política e accións son as responsabeis da dramática deterioración da mudanza climática e da completa ausencia de medidas para a protección e asistencia inmediata ao povo.
O KKE condena a neglixencia mostrada polo réxime ditatorial en canto á provisión de asistencia ás vítimas do ciclón, así como á súa provocadora insistencia en aferrarse a un referendum fraudulento. A práctica das forzas imperialistas é tamén inaceptábel. As misións de axuda humanitaria están sendo usadas como pretexto para a defensa dos seus propios intereses na rexión, e non das necesidades das vítimas do ciclón. Aínda están na nosa memoria os incidentes en Indonesia , onde só unha mínima parte da axuda internacional chegou finalmente ás vítimas do tsunami.
O KKE esixe a abrogación das medidas antidemocráticas en Myanmar, a posta en liberdade dos presos políticos, o levantamento dos obstáculos á acción das organizacións de masas, antiimperialistas e sindicais, así como a legalización do Partido Comunista da Birmania.
*End*
subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,