A FEDERACIÓN MUNDIAL DA MOCIDADE DEMOCRÁTICA DIANTE DO REFERENDO DE IRLANDA.
TRADUCIDO POLO PCPE.
A FMMD apoia á mocidade e ao povo irlandés contra o Tratado de Lisboa da Unión Europea
.O pasado 13 de decembro, os xefes de estado da UE aprobaron en Lisboa a nova versión da”Constitución Europea”.
En todos eses países, fóra de Irlanda, os governos tomaron a decisión de adoptaren este documento nos Parlamentos nacionais, ante o temor de que unha vez máis os povos e a mocidade o rexeitásen como ocorreu en Francia e Holanda, nos respectivos referendos nacionais de 2005.
. A Federación Mundial da Mocidade Democrática rexeita firmemente tanto a estratexia dos governos para aprobar ese documento, como o documento propiamente dito. Denunciamos os procesos antidemocráticos postos en marcha en todos os paises membros da UE e afirmamos que a causa é que, o así chamado “Tratado de Lisboa” traerá aínda máis explotación, pobreza e guerra á mocidade e aos povos.
.A FMMD expresa o seu pleno apoio a todas as organizacións progresistas que nos países da UE loitan contra o “Tratado de Lisboa”, e chamamos a todos os mozos e mozas de Irlanda a unirse baixo as bandeiras do antiimperialismo, a soberanía nacional, a solidariedade internacional, e o desenvolvemento social, e a dar un claro NON ao Tratado da UE no referendum que terá lugar o vindoiro mes en Irlanda.
.Calquera que sexa o camiño elixido ou os acontecementos que sobreveñan, a FMMD non deixará xamais de loitar contar o imperialismo nin aceptará nunca os contidos antidemocráticos e os procedementos seguidos pola UE en relación con todo o proceso do “Tratado de Lisboa”
.
O CC da FMJD.
The CC/HQ of WFDY