sábado, 24 de maio de 2008

SERBIA

Secretariado da SKOJ:
Non á participación no cárcere de povos que é a UE



Parte do governo serbio asinou en Luxemburgo o vergoñento acordo de estabilización e participación do noso país na UE.

Con este acto, os asinantes do acordo aceptan voluntariamente a ocupación imperialista do Kósovo. Os países dirixentes da UE que aceptaron a declaración unilateral de independencia do Kósovo participaron na agresión da OTAN á República Federal de Iugoslavia en 1999. Os povos do mundo nunca esquecerán a agresión da UE e os EEUU a Iraque, Afganistán e outros países. A SKOJ rexeitou a sinatura do acordo e cre que Serbia non ten sitio na UE, creación imperialista e cárcere de povos. Serbia non será na UE un membro igual, senón un fornecedor de traballo barato e de cadros altamente formados. A alternativa que ofrecen os comunistas é unha federación europea sobre a base dunha Europa socialista onde os povos vivan en paz. Só así Europa seguirá o camiño do dereito á autodeterminación e a verdadeira democracia.

29 de abril de 2008.




A clase obreira, intelectuais, campesinos, pensionistas, mulleres, estudantes, saudamos o 1º de Maio, día de solidariedade internacional dos obreiros do mundo.



O 1º de Maio de 2008 atopou á clase obreira de Serbia en circunstancias moi difíciles. Case a metade de toda a economía nacional, que durante décadas foi construída con enormes esforzos, foi vendida ao capital internacional. Os recursos naturais tamén foron vendidos. A maior parte da povoación traballa para capitalistas nacionais e estranxeiros.



Aproximadamente 40.000 empresas foron á bancarrota.



Máis ou menos o 50% da povoación traballadora non traballa. Pechouse máis do 60% da capacidade industrial. Os novos oligarcas explotan aos obreiros e ademais chámanos "vagos".



Os governos cambian, pero todos eles teñen unha concepción neoliberal que empuxa á clase obreira de Serbia á pobreza.



As corporacións multinacionais non constrúen novas plantas de produción, senón que usan as que xa existen e tratan de explotar aos traballadores o máximo posible pagando os salarios máis baixos.



Os políticos neoliberais demagogos anuncian que un posto de traballo mal pago é mellor que nada. Os mesmos políticos teñen centos de miles de euros nas súas contas bancarias. Protexen os intereses dos ladróns, do capital estranxeiro e nacional. As empresas que aínda están en mans do Estado están sendo sistematicamente destruídas. Traballan pola modernización das plantas de produción, pero para o seu futuro traspaso aos explotadores estranxeiros por pouco diñeiro. A xente pasa fame mentres se produce un roubo sistemático ao beneficio social en aras da propiedade individual.



Hoxe, a débeda pública é de 20.000 millóns de dólares, o que representa o 75% do ingreso nacional. Os bancos locais están destruídos. A Declaración de Bolonia destruíu o noso sistema educativo.



As granxas sociais, as economías colectivas e as pequenas propiedade están sendo sistematicamente vendidas. Existen grandes granxas nas que os terratenentes obrigan aos pequenos campesinos a traballar para eles. Todos os recursos do sector dos medios de comunicación están en mans do capital estranxeiro. Impónsenos a "cultura" colonial. Os inimigos da clase obreira intentan destruír a unidade do proletariado na Serbia.



A nosa forza reside na nosa superioridade numérica e na vontade de resistir fronte á inxustiza. Se a clase obreira está unida, os inimigos non terán éxito.



¡Proletarios do mundo, unídevos!

¡Viva o 1º de Maio, festa dos obreiros do mundo!



1º de Maio, 2008







======================

Secretariado do NKPJ:



Traizón nacional



O KNPJ considera que a firma do Acordo de Estabilización coa UE por Boris Tadic e Bozidar Delic é unha traizón nacional.

Este paso dado polo Partido Democrático (DS) é similar á firma de adhesión do Reino de Iugoslavia ao pacto tripartito polo goberno Cvetkovic-Macek. Non fai falta dicir que estas accións traizoeiras sufrirán o mesmo destino.

29 de abril de 2008



=================

Secretariado da SKOJ:



O Tribunal da Haia como instrumento da xurisprudencia imperialista.

A SKOJ condena a decisión do Tribunal da Haia sobre a liberación do dirixente do ELK, terrorista e criminal de guerra, Ramu Haradinaj. Este acto demostra que o Tribunal da Haia serve só aos intereses dos imperialistas. A decisión mostra que os gobernantes occidentais dan unha amnistía ao ELK.

Ademais, o ELK foi fundado, adestrado e armado por Occidente e serviu ao seu lado nas súas aspiracións hegemónicas e ocupación de Kósovo. A SKOJ está a favor do castigo de todos os crimes cometidos nas guerras no territorio da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia.

5 de abril de 2008


---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
Dáche: 15-may-2008 16:01
Subject: SKOJ, Secretariat of the SKOJ
To: info@solidnet.org

http://www.solidnet.org

News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.

Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .