terça-feira, 27 de maio de 2008


Descargar cuadernillo ECONOMIA POLITICA

Introduccion á lectura e estudo de

O Capital

Este é o primeiro dos caderniños de Economía Política. O seu obxectivo

é proporcionar a militantes e simpatizantes unha visión

xeral do texto de Marx: “O capital”, fundamentalmente do seu libro I, coa

intención de incitar á súa lectura, estudo, debate e aplicación á realidade.



http://dspace.mit.edu/html/1721.1/36330/17-100JFall-2002/NR/rdonlyres/Global/4/4CB8002C-640B-4A91-9D8B-8B8DA447B893/0/CHP_KarlMarx.jpg





Este caderniño introduce a algúns aspectos chave da análise

marxista do capitalismo. Nos próximos caderniños de Economía Política

trataremos todos estes elementos (e outros) con maior profundidade.

Dende que o socialismo se convertiu en ciencia exixe que se lle

estude como tal”.

..........................................................................................

COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS (CJC – JCPC – GKK)

www.cjc.es / formacion@cjc.es

.....................................................................................................................

Mercadoría e valor

Marx comeza analisando qué e unha mercadoría. Mercadoría é todo

aquelo que se intercambia, que se merca e se vende, tanto dentro dun

recinto chamado “mercado” como fora de él. Mercadoría pode ser un ben ou un servizo: dende un libro ou un electrodoméstico ata unha viaxe ou a extracción dunha moa.

A mercadoría ten dúas propiedades: o seu valor de uso e o seu valor de

troco.

O valor de uso é aquelo que fai apetecible a unha mercadoría: a súa

utilidade, o feito de que satisfaga unha necesidade humana. Pouco

importa que esta necesidade sexa do estómago, da cabeza ou dos

xenitais. A capacidade que ten un obxecto de cubrir unha necesidade é,

polo tanto, o seu valor de uso.

O valor de troco (ou valor, a secas) é a capacidade que ten a

mercadoría de intercambiarse por outras mercadorías (si falamos en

términos de diñeiro, equivale a o seu prezo). Nunha economía de troco

cambiaréi un televisor vello por dous pantalons e tres camisolas, ou eu

apáñoche unha goteira e ti aprendesme algo de inglés. Nunha economía

monetaria, cambiaréi o televisor vello por certa cantidade de diñeiro e con ese diñeiro pagaréi o meu curso de inglés.

O valor de uso e o valor de troco son aspectos diferentes dunha

mesma mercadoría. Hai cousas con moito valor de uso, como o ar que

respiramos, que non teñen valor de troco. Se alguén vendese aire, ninguén habería de mercarllo, xa que calquera pode obtelo debalde (alo menos polo de agora).

E hai cousas con pouco valor de uso, como o ouro e a prata, ou o mesmo diñeiro de papel (billetes), pero cun gran valor de troco.

Daquela, o valor de troco non se determina polo valor de uso.

¿Qué é o que determina o valor de troco dunha mercadoría?

Para descubrilo hai que buscar alguns exemplos. Supoñamos que

cultivo unha horta e colleitéi máis tomates dos que podo comer.

Cos tomates que me sobran irei onde alguén que cultive ou

fabrique(¿?) cousas que eu nen cultivo nen fabrico, para intercambialas.

Preferentemente iréi a algún lugar onde se xunten outros labregos

e fabricantes, lugar que adoita chamarse “mercado”.

Alí atopo a alguén que vende patacas, e chegamos ao acordo

de intercambiar un kilo de tomates por dous kilos de patacas. Deste

xeito, vemos que o valor de troco dos tomates é o doble do

valor de cambio das patacas.

O seu valor de uso é en parte similar e en parte diferente, os dous serven de alimento, pero o seu valor nutritivo, o seu sabor e a variedade de pratos que poden confeccionarse cós dous, son diferentes. (O exemplo producese nunha situación de economía mercantil simple, donde todos os produtores posúen os seus medios de producción.)

Que o seu valor de troco sexa diferente ven dado pola cantidade de

tempo de traballo gastado no seu cultivo. Os tomates, e esto é unha

suposición, requeriron o doble de horas de traballo que as patacas

para o seu cultivo, e por elo, o seu valor de troco é o dobre que o das

patacas.

Esta es a chamada teoría do valor-traballo (ou teoría laboral do

valor, ou ley do valor), segundo a cal, o valor de troco dunha mercadoría

ven dado pola cantidade de tempo de traballo que ten sido socialmente

necesario para producir esa mercadoría.

Outro exemplo: se dous recolectores atópanse para intercambiar e

un deles intercambia unhas verduras que recolleu a unha hora de camiño e o outro a media hora, o valor das primeiras é o dobre que o das segundas. Agora ben, se o primeiro botóu dúas horas en ir e volver

dun sitio que normalmente todo o mundo acada en duas horas, e o

segundo botou tamén dúas horas en ir e volver dun lugar ao que

normalmente tardase unha hora, o intercambio non se fará segundo o que botaron eles os dous en concreto, tendose en conta neste caso o que se tarda normalmente. De ahí a expresion “socialmente necesario”.

O valor de troco dunha mercadoría expresa un promedio de todos

os valores de troco desa mercadoría nun mercado concreto.

Nun mesmo mercado, a mesma mercadoría vendese algo por riba

do seu valor por uns, ou algo por baixo do seu valor por outros (dependendo de varios factores: productividade, oferta e demanda, etc), pero sempre fluctúa non moito por riba nen por baixo do seu valor de troco promedio.

O diñeiro metálico é unha mercadoría máis, o seu valor de cambio é

o de calquera outra mercadoría: o tempo de traballo socialmente necesario para producila (no seu caso: extraela e transportala), pero é unha mercadoría que conten certas características (como son o seu tamaño relativamente pequeno, a posibilidade de fraccionala, etc. ) que a convirten no equivalente xeral de toda mercadoría. Esto é certo

respecto ao diñeiro feito de ouro, prata, cobre e outros metais. Na

actualidade, coa aparición do diñeiro de papel (xeralmente, billetes) e

o de plástico éstes funcionan como símbolos de valores que se

atopan noutra parte (por exemplo o ouro no sótano dun banco).

O prezo, por tanto, non é máis que o valor de troco expresado a

través de una mercadoría que funciona como equivalente xeral: o

diñeiro.

.....................................................................................................................

Circulacion e produccion

As mercadorías percorren dúas esferas: a circulación e a producción.

A esfera da circulación é o ámbito do intercambio, da

compra-venda. Na esfera da circulación, e cando se trata dunha

economía monetaria, o diñeiro cambiase por outra mercadoría e viceversa.

Nesta esfera quen ten unha mercadoría que lle sobra cambiaa por

diñeiro. Con este diñeiro merca outra mercadoría que sí necesita (polo seu

valor de uso). A figura desta operación é a seguinte:

M-D-M

(Mercadoría-Diñeiro-Mercadoría)

Porén, o capitalista actúa doutro xeito: acude co diñeiro ao

Mercado, e merca con él unha mercadoría que vende por unha cantidade de diñeiro maior, por exemplo, noutro mercado. A figura desta operación é:

D-M-D’

Desenvolveremos o seu significado máis adiante.

.....................................................................................................................

Proceso de produccion

Na esfera da producción hai que distinguir varios elementos

que se denominan forzas productivas ou factores de producción:

1.Forza de traballo. Representa o gasto de enerxía humana, sexa

física ou intelectual, (ou as dúas) aplicado á producción.

2.Medios de producción. Compoñense de:

2,1, Obxecto de traballo: aquela materia sobre a que se traballa.

Pode collerse directamente da natureza (materia bruta) ou ter recibido xa un traballo previo. Neste último caso recibe o nome de materia prima.

2.2. Medios de traballo: aqueles obxectos que se utilizan para facer

o traballo.

2.2.1. En sentido amplo: locais, iluminación dos locais,

estradas, etc.

2.2.2. En sentido estricto: ferramentas, etc.

As veces confundense os términos medios de producción e

medios de traballo. Conven non esquecer que o primeiro ten un

significado máis amplo porque inclue tanto aos obxectos de traballo como aos medios de traballo.

Tamén se confunde o traballo coa forza de traballo. O traballo

é a actividade que se desenvolve para producir un obxecto. A forza de

traballo é a enerxía humana empregada na actividade de producir un

obxecto. Como veremos máis adiante, o capitalista non paga por un

traballo, paga a forza de traballo.

O resultado final é un obxecto producido e, se se intercambia, unha

mercadoría.

No caso dunha agricultora sen asalariad@s, a forza de traballo é

o esforzo desta mesma agricultora, os medios de traballo son: a terra,

o legón, a auga, etc. O obxecto de traballo: as sementes, etc.

No caso dun obradoiro de zapateiría con tres asalariados e o dono dos

medios de producción: a forza de traballo gastada polos catro; as

ferramentas, o local, a iluminación, o retrete, etc, como medios de

traballo; o coiro, a cola, etc. como obxectos de traballo.

Ás veces, asignar un elemento a un factor ou outro de producción

resulta complicado. Un mesmo elemento pode ser á vez obxecto e medio de traballo, por exemplo: a terra.

.....................................................................................................................

Plustraballo e plusvalia.

O característico do capitalismo é que estean separados os medios

de producción da forza de traballo. Os traballadores e traballadoras,

por carecer de medios de producción, teñen que vender a sua forza de traballo

como unha mercadoría máis ao posuidor dos medios de producción: o

capitalista.

O capitalista convirte o seu diñeiro en capital mercando, por unha

parte, medios de producción (terras, máquinas, locais,... que constituen

o capital constante) e, pola otra, paga a forza de traballo polo seu valor:

a cantidade de traballo socialmente necesaria para producila, e decir, a

cantidade de medios de subsistencia necesarios para repoñer a forza de

traballo gastada por esa traballadora ou traballador (os salarios, o

denominado capital variable) e a creación de novos portadores de

forza de traballo: os seus fill@s.

Porén, ao chegar a certo punto, a forza de traballo xa

Produciu o seu valor e, non obstante, segue a crear valor. Este tempo de

traballo non pagado e o chamado plustraballo, que o capitalista se

embolsa en forma de plusvalía. Así, na sua xornada de traballo, os

traballadores só ven remuneradas parte das horas traballadas. A outra

parte traballanas gratuitamente para o capitalista. Esta plusvalía é a

fonte principal de ganancias do capitalista e, ao mesmo tempo, é a

través dela que a clase obreira é explotada baixo o capitalismo. A

relación entre horas pagadas e horas non pagadas constitue o grao de

explotación.

Os medios de producción transfiren o seu valor ao producto final. A

forza de traballo transfire o seu valor e ademáis crea valor mediante o

plustraballo. Por eso, o capitalismo só crea valor ao explotar a forza de

traballo, non ao invertir en medios de producción.O capitalista

conqueriu atopou no mercado unha mercadoría que crea valor, que non

se limita a transferir valor: a forza de traballo.

Recapitulando, e tendo en conta ambas esferas: circulación e

producción, o proceso é o seguinte: o capitalista, que conta con un

diñeiro en cantidade suficiente (non abonda calquera cantidade, só a partir de certo volume pode convertirse en capital, alo menos ata a creación de sociedades por accions), merca no mercado dous tipos de mercancía:

medios de producción e forza de traballo. Mediante estes dous tipos de

mercadoría produce unha mercadoría nova que vende obtendo unha

cantidade de diñeiro maior que a cantidade de diñeiro inicial.

D- M ………….. M’- D’

D- M y M’- D’, pertencen á esfera da circulación. Os puntos

suspensivos representan a esfera da producción. O diñeiro inicial

convirtese en capital ao adquirir a mercancía medios de producción e a

mercancía forza de traballo. A través do proceso de producción crease, xa que logo, unha mercadoría nova: M’ que sae da producción e dirixese á

circulación para convertirse nuhna cantidade de diñeiro, D’, superior á

inicial, pois ven de sumárselle a plusvalía.

Poñamos un exemplo. Un capitalista ten como negocio piñas en

almíbar enlatadas. O capitalista adquire con diñeiro as piñas (D – M). O

capitalista ten medios de producción: o local, a iluminación, as

ferramentas de traballo,... O coste de estes medios de producción está

incluido dentro do precio das piñas que salen a venta. Son elementos

necesarios e aportan o seu valor ao producto. Sen embargo, o local ou as

ferramentas de traballo non poden crear plusvalía: o seu valor queda

incluido no obxecto producido, pero non crearon un valor novo. Se o

coste da electricidade é 10 euros a hora e cada hora creanse 100 piñas

enlatadas, cada piña levará 0'1 euros do valor da electricidade cando

se vendan. A electricidade transferiu o seu valor, pero non crea novo

valor.

¿Qué e o que crea un novo valor? A forza de traballo (os

traballadores cortando as piñas, poñendo en funcionamento maquinaria

e ferramentas,...), igual que os medios de producción, transfire o seu

valor. Pero non toda a forza de traballo se paga. Se todos os traballadores

da fábrica crean, nas 8 horas de traballo, 8000 euros, o seu salario

sumado, probablemente, non exceda os 1000 euros. E decir, se o

desglosamos por horas, cada hora, os traballadores da fábrica producen

1000 euros. Pero a salario pagado, só se lles pagaron 1000 euros, o que

quere decir que só se paga unha hora de traballo. As 7 horas restantes,

nas que se produciron 7000 euros, traballaronse debalde. Esta é a

plusvalía.

A nova mercadoría (piñas en almíbar enlatadas, á que

denominamos M') creou un diñeiro incrementado (D'), superior á

suma de todos os custes que o capitalista pagou. E decir, cando o

capitalista venda no mercado cada piña, o precio da mesma levará

transferido o valor dos medios de producción. Pero si só levara

incorporado este valor, o capitalista non tería ganancias. As piñas

levan un valor extra que ten a sua orixe nas horas non remuneradas

realizadas polos traballadores. A sua orixe é a plusvalía.

A relación entre a plusvalía e o capital variable danos a tasa de

plusvalía ou tasa de explotación:

p/v

A relación entre D’ e D danos a taxa de ¿????ganancia: p /c+v , e decir:

D’-D/ D, a relación entre a plusvalía obtida o capital total invertido

no proceso de producción.

A relación entre o capital invertido en medios de producción (capital

constante) e o capital invertido en salarios (capital variable) danos a

chamada composición de valor do capital: c/v

A composición orgánica ou técnica do capital é a relación entre os

medios de producción e a forza de traballo. A fórmula é similar á

anterior.

.....................................................................................................................

Plusvalia absoluta e relativa

A forma absoluta da plusvalía ou plusvalía absoluta consiste en

aumentar a duración da xornada laboral, con elo consiguese aumentar

o número de horas non remuneradas.

La forma relativa de la plusvalía o plusvalía relativa consiste en

aumentar a intensidade do traballo, sexa aumentando o ritmo de

producción directamente ou mediante novas máquinas máis productivas.

Asi, ao aumentar a productividade pero non o salario, os traballadores

traballan o mesmo número de horas, pero repartense de xeito distinto:

hai máis horas non remuneradas que antes.

.....................................................................................................................

Reproduccion simple e ampliada

A reproducción simple alude a que ao final do proceso a plusvalía sexa

consumida polo capitalista (de forma non produtiva, para as suas

necesidades como humano, non como capitalista), e non se invirta nun

novo proceso de producción.

A reproducción ampliada implica que unha parte da plusvalía

obtida destinase a mercar novos medios de producción e forza de

traballo para un novo proceso de producción. Ao aumentar o capital

inicial invertido no proceso de producción, aumentará a plusvalía

obtida ao final do proceso. Así, a plusvalía invertida xera nova

plusvalía.

.....................................................................................................................

Tendencia decrecente da taxa de

ganancia

A competencia entre capitalistas e o desenvolvemento técnico aparellado ao

coñecemento científico (son procesos interrelacionados) provocan un

aumento crecente da proporción de capital constante invertida con

respecto al capital variable. E decir, co desenvolvemento das sociedades

capitalistas, cada vez invirtese máis en tecnoloxía, ferramentas,... en

relación ao que se invirte en forza de traballo. Dado que só a forza

de traballo crea novo valor, a disminución relativa da sua importancia (a

disminución relativa do capital variable con respecto ao capital constante)

conleva unha menor creación de plusvalía.

Este feito leva aparellada a disminución da taxa de ganancia

(relación entre a plusvalía e o capital total invertido) . E decir, canto

máis se desenvolve o capitalismo, máis invirte en medios de producción,

pero máis difícil lle resulta obter plusvalías.

Non obstante, outros procesos contrarrestan esta tendencia. Para máis

información : libro I de “O capital”.

.....................................................................................................................

Acumulacion orixinaria

O capital ven ao mundo chorreando lodo e sangue”. O capitalismo

non existe dende sempre. Para existir, tuvo que destruir a vella sociedade do feudalismo, creando así as condicions necesarias para poder explotar a gran maioría da poboación. Para que o capitalista atope

individuos que non teñan outro remedio que vender a sua forza de traballo,

necesita previamente que éstes teñan sido desposuidos dos seus medios de producción e que sexan xurídicamente libres de vender a sua forza de traballo.

Esto último conséguese eliminando as relaciones feudais de

servidume. E o primeiro conséguese privatizando as tierras comunais

e arruinando aos pequenos productores campesiños (e decir, a quen

posuían ou arrendaban un pequeno ou mediano anaco de terra) e aos

productores artesanais que non poden competir coa industria

capitalista.

Co término “acumulación originaria” aludese a este proceso

histórico. Por unha banda desposúese aos futuros asalariados e asalariadas dos

seus medios de producción; e por outro concentranse os medios de

producción en mans do capitalista. O expolio de América, África e Asia

efectuado pola colonización europea contribue a este proceso.

A acumulación orixinaria supon, por tanto, a expropiación as

traballadoras/es dos seus medios de producción polos capitalistas. A

revolución socialista expropiará a los expropiadores.

.....................................................................................................................

Dicionario de terminos basicos

Acumulación Orixinaria: Proceso histórico que separóu aos

productores dos seus medios de producción e que precedeu e serviu como

condición básica para a gran producción capitalista. Vai acompañada de: 1)

Ruina dos pequenos produtores (Labregos e artesans) que se

transforman en traballadores desposuídos, que non teñen outra opción que

vender a sua forza de traballo. 2) Acumulación en mans de determinados

individuos de grandes riquezas.

Capital: Valor que, a través da explotación da forza de traballo

proporciona plusvalía, e decir, incrementase a sí mesmo. O capital non é

equivalente a diñeiro, simplesmente. O capital, máis ca eso, é a categoría

económica principal do modo de producción capitalista. É un tipo de relación

de producción entre a clase burguesa, que posúe os medios de producción, e a clase obreira, que e explotada como forza de traballo. O capital crea valor a través da plusvalía.

Capital constante: E a parte do capital que existe baixo a forma de

medios de producción (edificios, maquinaria, materias primas,...) e cuxo

valor non varía durante o proceso de producción.

Capital variable: E a parte do capital invertida en forza de traballo

e cuxo valor incrementase no proceso de producción. A fonte de

creación de plusvalía e do incremento do capital non reside en todo o capital,

senon únicamente na parte variable (aquela que se dedica a comprar forza

de traballo). Na empresa capitalista, o obreiro crea un valor que supera,

polo seu volumen, o que percibe en concepto de salario. Deste xeito, crea

a plusvalía e engade valor ao obxecto producido.

Circulación: Intercambio de mercadorías a través do diñeiro. Neste

tipo de intercambio, todas as mercadorías miden o seu valor en diñeiro, polo

que o diñeiro convirtese en encarnación universal do valor de cambio. A

fórmula monetaria é M – D – M, es decir, mercadoría – diñeiro – mercadoría.

Forzas productivas: Medios de producción + forza de traballo. Os

medios de producción son a base técnica da sociedade, mentres que a

forza de traballo e o elemento principal das forzas productivas. As

forzas productivas desenvolvense constantemente, sempre en relación

dialéctica coas relacions de producción.

Lei do valor: E a principal lei económica da producción

mercantil. Segundo esta lei, as mercadorías intercambianse en función do seu

valor de cambio, que está determinado polo traballo socialmente necesario

para producilas.

Mercadoría: Producto do traballo destinado a satisfacer algunha

necesidade do home e que se elabora para a venta, non para o consumo

propio.

Plusvalía: Valor que o traballo non pagado do obreiro asalariado crea,

máis alá do valor da sua forza de traballo, e do que se apropia

gratuitamente o capitalista. E a fonte real da explotación capitalista.

Existe unha plusvalía absoluta e unha plusvalía relativa.

Precio: Expresión do valor de cambio en diñeiro. Ainda que o precio

ten como base o valor de cambio, o precio dunha mercadoría en particular

non ten necesariamente que coincidir co seu valor. Existen fluctuacions (por

moitos factores como a oferta e a demanda) que sitúan o precio por

enriba ou por embaixo do seu valor, pero a escala de toda a sociedade e

examinado un intervalo suficiente de tempo, o precio sempre está

en estreita relación co valor de cambio da mercadoría, é decir, co

traballo socialmente necesario para producir a mercadoría.

Producción: Proceso de creación de bens materiais. Existe en todas

as etapas da humanidade. A producción componse de forza de traballo,

obxetos de traballo e medios de traballo.

Producción mercantil: Producción de bens ou servicios non para

consumo propio, mais para intercambialos no mercado a través da

compra-venda de mercadorías. Este tipo de producción aparece por primeira

vez coa propiedade privada. Para que exista producción mercantil, ten que

haber distintas persoas que produzan mercadorías diferentes, e decir, ten

que existir a división do traballo. A producción mercantil non desaparece co

socialismo, pero adopta unhas propiedades diferentes, ao non estar sometida á propiedade privada dos medios de producción.

Reproducción: Repetición constante, renovación ininterrumpida do

proceso de producción. No proceso de traballo reproducense tanto os

bens materiais como as relacions de producción. A reproducción pode

ser simple, sempre que a plusvalía do proceso de producción se destine

para satisfacer as necesidades (e luxos) do capitalista, ou reproducción

ampliada, cando a plusvalía invirtese en novos medios de producción ou

nova forza de traballo.

Valor de troco: Traballo dos productores materializado nas

mercadorías. O valor de troco existe en toda producción mercantil, donde

rexe a lei do valor. O valor de troco crease a través do traballo abstracto.

O valor de troco varía de xeito proporcional a cantidade de traballo

socialmente necesario (a máis traballo necesario, máis valor) e de xeito

inverso a productividade (a maior productividade, menos valor).

Valor de uso: Utilidade dunha cousa, capacidade que posúe de satisfacer

una necesidade, calquera que sexa, do home, da sociedade. Está

condicionado polas propiedades naturais (físicas, químicas,...) da cousa e

tamén polas propiedades adquiridas a través da actividade humana. O

valor de uso créao o traballo concreto.

.....................................................................................................................

Cuestionario

1- Reflexiona sobre a relación entre os conceptos de valor de uso valor de troco, por unha banda, e o modelo de sociedade consumista do capitalismo actual, polo outro.

2- ¿Cómo se determina o valor dunha mercadoría, por exemplo, o arroz? ¿Por qué o capitalismo non logra que os precios do arroz (nen do resto de mercadorías) se manteñan estables?

3- ¿Qué tipo de valor ten o diñeiro?

4- Na Cuba socialista abondan as fábricas de puros e tabaco. Poñendo

como exemplo unha de estas fábricas, ¿qué elementos serían forza de traballo e cáles medios de producción? ¿Cáles son os obxetos de traballos, a materia bruta, a materia prima, os medios de traballo en sentido estricto, os medios de traballo en sentido amplo e o obxecto producido?

5- ¿Os capitalistas explotan o traballo d@s traballador@s? ¿Por qué ou por qué non?

6- A plusvalía producese no mercado, cando o capitalista conquire

vender a mercancía a un precio superior a suma de todos os costes que

supuxo producir esta mercadoría. ¿E verdade ou non? ¿Por qué ou por qué non?

7- Explica a fórmula D – M ............ M' – D' con un exemplo. (Non valen piñas en almíbar)

8- Se o capitalista invirte en maquinaria moderna e consigue que no

mesmo número de horas se produza máis (incremento da productividade), ¿aumenta, disminue ou permanece intacta a explotación da clase obreira? ¿De qué concepto estaríamos a falar?

9- Se polo mesmo salario te fante traballar máis horas, ¿cómo está

incrementando o capitalista a sua explotación?

10- A sociedade moderna incorpora cada vez máis tecnoloxía e outros

elementos de capital constante. ¿En qué sentido esta tendencia permite maiores beneficios e en qué sentido o dificulta?

11- ¿Por qué foi necesario un proceso de acumulación orixinaria?

.....................................................................................................................

BIBLIOGRAFIA.

Outros textos de introduccion a O capital:

J. Droz e outros, “Historia general del socialismo. De los

orígenes a 1875”, tomo II, terceira parte, capítulo V, “El lugar

de “El capital” en la historia del socialismo”, a cargo de Jean

Bruhat.

Francisco Erice, “La teoría económica de Marx”, na

seguinte dirección web:

http://www.red-vertice.com/fep/textos/Apuntes8.pdf

G. Develle, resumen de “El capital “

Lapidus y Ostrovitianov, “Manual de economía política”

Borisov / Zhamin / Makarova, “Diccionario de Economía

Política”

Nikitin, “Manual de economía política”

K. Marx, “El capital, libro I, el proceso de producción

del capital”

K. Marx, “Salario, precio y ganancia”, é un texto breve

de Marx no que se explica de forma asequible qué e o

valor-traballo, a diferencia entre traballo e forza de traballo,

a plusvalía, etc. Moi recomendable para quen dispoña de

pouco tempo ou pocas gañas de ler. Conven sempre ler

directamente aos autores/as para evitar falsificacions,

como mínimo os seus textos breves. A cantidade de tempo de

traballo (socialmente necesario) invertido redundará na

calidade do coñec emento adquirido e no seu valor para

desenvolver o traballo revolucionario.