domingo, 18 de maio de 2008


O espello haitiano
Defender a soberanía alimentária


Hecmilio Galván

ALAI AMLATINA, 14/05/2008, Santo Domingo.-

"Digo a verdade: non é Deus quen abandona ao home, é o home o que
abandona a terra e recibe o seu castigo: a seca, a miseria e a
desolación".
Jacques Roumain. Governadores do rocío (1944)

En xaneiro deste ano, cables de prensa internacionais alertábannos dunha
dramática situación. Nos barrios pobres de Haití, a terra
arcillosa que cobre o centro do país (zona de Incha) converteuse
nunha valiosa mercancía que se colleita e se vende nos mercados. É
materia prima, incriblemente, para galletas comestibles que, co seu
sabor salobre e mineral, sacian a fame dos habitantes empobrecidos
de Haití.

As noticias recentes que chegan desde Porto Príncipe agora, dan
conta dunha enorme crise social, de mobilizacións e disturbios
rueiros provocados polo aumento progresivo dos produtos
alimenticios que son cada vez máis inalcanzabeis para os traballadores
haitianos.

Miles de persoas lanzáronse ás rúas para protestaren contra o
alza de prezos, incendiando negocios e oficinas. As protestas chegaron ata o punto de que algúns manifestantes tentaron tomar por asalto
o Palacio Presidencial, levantando barricadas e lanzando pedras
contra a policía.

A tendencia alcista dos prezos internacionais das materias
primas, nomeadamente dos alimentos, reflíctese automaticamente en Haití,
sen que as autoridades poidan facer moito para evitalo. A produción
alimentaria local, decimada polas importacións, é incapaz, non só
de responder positivamente ante o aumento dos prezos
internacionais, se non tamén de reducir o impacto negativo da
crise mundial, garantindo alimentos á povoación. Os prezos dos
alimentos soben e os xa alarmantes niveis de fame e desnutrición
tenden a crecer.

Pero, o que sucede en Haití agora, non é máis que a consecuencia
previsible dunha crise máis antiga e latente, a que podemos definir
como unha crise agroalimentaria. A crise alimentaria haitiana, que
ameaza con destruír moito máis a governabilidade daquel país, é a
consecuencia do empobrecimiento do país e da destrución do
seu aparello produtivo agropecuario nacional.

A falta de soberanía alimentaría da República de Haití, produto das
políticas de liberalización comercial acelerada, por unha banda, e
abandono do campo por outro, impídelle ao país caribeño enfrontar a
escalada alcista dos prezos dos alimentos no mercado
internacional, e ter un "colchón" alimentario para protexerse da
inestabilidade nos mercados internacionais e garantir a
alimentación da povoación. A súa alta dependencia agroalimentaria non lle permite protexer á súa povoación dos estragos da fame. Esta foi unha
consecuencia previsibel do modelo.

E é que as últimas tres décadas foron decisivas para a
desarticulación produtiva da economía haitiana actual e o aumento
graduado da pobreza e as iniquidades sociais. A destrución da
produción agropecuaria vincúlase a unha liberalización comercial
acelerada e irresponsabel, e a un abandono sistemático do sector na
política pública, foi sentando as bases para a eliminación da
cohesión social e política do país. A destrución do campo haitiano,
non só xerou perda significativa no emprego e no produto,
pobreza rural e impacto sobre o mercado cambiario e a balanza de pagos;
se non que xerou un enorme movemento migratorio
urbano-rural e cara ao exterior, con todas as consecuencias que este fenómeno
leva, incluíndo un desarraigamento e unha perda de valores
culturais.

Unha aproximación xeral e rápida á historia económica recente de Haití
permite sacar a conclusión de que ese país non logrou unha
transición gradual que lle permitise unha reestruturación económica
desde a crise do modelo sustitutivo de importacións ata o modelo
neoliberal actual.

A liberalización económica emprendida en Haití en 1981, que incluíu a
apertura dos portos provinciais, e a redución arancelaria (que
pasan de 30 ao 10% nos anos 80's), a eliminación dos impostos á
exportación e licenzas de importacións, iníciase a instancias do
Banco Mundial (BM) e a Axencia Desenvolvimento dos Estados Unidos USAID,
quen para esa época iniciaron unha publicitada "estratexia de desenvolvemento
conxunta" para Haití, baseada nas cadeas de montaxe e a
exportación agrícola, que agoiraba a conversión da economía haitiana
no "Taiwan" do Caribe. A historia foi diametralmente diferente.

Este proceso de liberalización económica afiánzase e continúa, con certos
altibaixos logo de 1986 coa perda do poder de Duvalier.
A segunda onda neoliberal ocorre en Haití despois do período do
Golpe de estado (1991-1994), cando a política de liberalización
comercial é reforzada en 1995 pola eliminación total e/ou a forte
redución dos aranceis aduaneiros á importación. A estrutura dos
aranceis simplificouse para chegar a seis tipos: 0%, 3%, 5%, 10%,
15% e 57.8%. O arancel media en Haití pasa en 20 anos, entre 1982 e
2002, de 27.7% en 1982, a 2.9% en 2002.

A liberalización xeralizada do comercio en Haití afianzouse e
desenvolveu no marco dun "Programa de axuste estrutural" dos que
o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional (FMI) impuxeron aos
países subdesenvolvidosdos por mor da Crise da Débeda de principios
dos 80´s e como unha "condicionalidade" para o
financiamiento. Estes condicionamentos converteron ao réxime
comercial haitiano nun dos máis abertos dos países menos
adiantados ?PMA-.

A mesma Organización Mundial do Comercio OMC, nos seus tradicionais
exames de políticas, criticou o modelo de liberalización
comercial desenvolvido en Haití a instancias do Banco Mundial e o FMI.
Segundo a OMC "dada a súa grande dependencia dos gravames aplicados ás
mercancías importadas, o país enfróntase a riscos crecentes de inestabilidade
social, debidos, sen dúbida, a unha liberalización do
comercio demasiado intensa. Nun contexto de dificultades
internacionais, a fraxilidade das súas estruturas socioeconómicas é
cada vez maior". (OMC, 2003).

* Texto completo en http://alainet.org/active/24037


Máis información: http://alainet.org
______________________________________
Axencia Latinoamericana de Informacion
email: info@alainet.org