terça-feira, 27 de maio de 2008


MOCIDADE COMUNISTA DE GRECIA, Información de KNE sobre o arresto dun cadro da KSM

traducido polo P.C.P.E.
-------------------------------------------------
From: Mocidade Comunista de Grecia (KNE) 22 maio 2008
http://www.kne.gr , mailto:int@kne.gr
==================================================

Información da KNE sobre o arresto dun cadro da KSM

A Mocidade Comunista de Grecia (KNE) denuncia a inaceptábel e indignante detención de David Pazdera, cadro da Mocidade Comunista da República Checa KSM, durante a manifestación do 21 de maio en Praga, levada a cabo pola organización en unión dos sindicatos contra os plans do Governo checo de privatizar o sistema de Sanidade do país. A razón da detención foi que o membro da KSM portaba durante a manifestación unha pancarta co símbolo da KSM, organización ilegalizada

Esta campaña concreta consiste na posta en práctica da decisión de ilegalizar a KSM tomada no pasado marzo polos tribunais, baixo ditado e aprobación do governo checo e a UE.

Esta acción inxuriosa vén a continuación da confiscación de bandeiras da KSM na cidade de Brno na recente manifestación do 1º de Maio.

Achámonos diante dunha escalada organizada de provocación e ataques anticomunistas que todos os mozos e mozas, todas as organizacións de masas da mocidade, e o conxunto dos movementos populares debemos condenar colectivamente.

Esta nova intimidación aos camaradas da KSM debe ser frustrada. A mensaxe de denuncia encamiñada por máis de 100 asociacións xuvenís, asociacións estudantís tecnolóxicos e universitarios de toda Grecia, a vaga universal de solidariedade contra a ilegalización da KSM que foi expresada, debe continuar a se ampliar e consolidar.

Chamamos a todas as organizacións xuvenís a tomar posición e condenar o anticomunismo que crece na Europa.

Ante o Festival do KKE-KNE (Parido Comunista de Grecia-Mocidade Comunista de Grecia) lanzaremos iniciativas de apoio económico á KSM da República checa, durante todo o verán, apoiando a loita dos nosos camaradas en difíciles circunstancias na R. Checa, así como no plano material.

Non á ilegalización da Mocidade Comunista Checa

A intimidación anticomunista non pasará

22/5/08

CC OF KNE
COMITÉ CENTRAL DA MOCIDADE COMUNISTA GREGA

--
Communist Youth of Greece


*End*

subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,
http://www.solidnet.org