Partido dos Traballadores
Campaña do referendo sobre o Tratado de Lisboa
Comunicado de prensa ? Mércores 28 de maio de 2008
A Constitución de 1937 era fácil de conseguir por menos do que vale unha pinta de cervexa
O Partido dos Traballadores declarou que a Constitución de 1937 era moito máis accesible ao gran público no referendo daquel ano que o actual Tratado de Lisboa.
Padraig Mannion, xefe de campaña do Partido dos Traballadores, que pide o Non a Lisboa, dixo que unha serie de anuncios do goberno na prensa nacional o día 23 de xuño de 1937 avisaba ao público que a proposta de Constitución estaba dispoñible polo prezo de 2 peniques antigos en toda librería e oficina de correos e podía lerse, sen necesidade de comprala, en toda comisaría de policía, biblioteca ou tribunal de distrito do país.
O Sr. Mannion comparou isto co actual documento do Tratado de Lisboa que ten un prezo de 42 ? e non está dispoñible para todos os votantes.
"É incrible que fai máis de 70 anos, no abismo da Gran Depresión e a Guerra Económica, todo votante puidese conseguir unha copia da proposta de Constitución na súa cidade ou pobo por menos do que valía unha pinta de cervexa, e que iso non sexa posible no actual mundo de alta tecnoloxía", dixo o Sr.. Mannion.
"A Constitución de 1937 estaba escrita con claridade, nunha linguaxe moi sinxela, e foi moi lida polos votantes da época. Iso contrasta co Tratado de Lisboa, sobre o que o pobo votará o 12 de xuño ? é difícil conseguir unha copia, utiliza unha linguaxe legalista e non vale para nada se non se fai referencia aos tratados anteriores que emenda. O goberno e a Comisión Europea queren literalmente que a xente firme un documento sen ler a letra pequena, porque a letra pequena é deliberadamente difícil de atopar", declarou o Sr. Mannion.
O portavoz do Partido dos Traballadores dixo que mentres o Tratado de Lisboa pode ser descargado de Internet, a maioría da xente non vai imprimir un documento de 300 páxinas nun computador doméstico, e que sentar fronte á pantalla do PC a ler un documento de tal magnitude non é práctico, ou polo menos malo para a vista. "A versión impresa do Texto consolidado de Lisboa debería ser moi accesible e a prezo razoable, igual que fixo o goberno coa proposta de Constitución de 1937".
Padraig Mannion, Tel: (087) 691 1293 (mobile) / (01) 874 0716 (office)