McCAIN E O “EXILIO” CUBANO: ENTRE CRIMINAIS ANDA O XOGO
Resulta moi difícil aparcar a ira e intentar dar unha resposta comedida e reflexionada a unha secuencia de noticias aparecidas onte, 21 de Maio.
Ambas teñen cabida, como digo, este mesmo día e separadas por unhas cantas páxinas a unha da outra no xornal O País, buque insignia do grupo mediático-mafioso PRiSA (ou mafioso-mediático, tanto máis dá a orde porque aquí si que constitúe unha verdadeira adiviñanza saber que foi antes) que diariamente, e como un grande “puto”, (así se definía o finado grande patrón Jesús Polanco á hora de vender os seus servizos a calquera ofertante político que non ousase inmiscirse nos seus negocios) exacula propaganda e directrices ante o deleite da grey “socialista e obreira” e demais pléyade de progres imbéciles e/ou devidos en tales, paulatina, pertinazmente e, por desgraza, sen posibilidade de remisión (léase Sabina e Cia.).
Pero acudamos ás noticias propiamente ditas. A primeira, sita na páxina 2, narra o encontro do candidato republicano á Presidencia de USA, John McCain coa “comunidade de exiliados cubanos en Miami” (ou sexa, o núcleo duro da banda de vermes contrarrevolucionarios e mafiosos que manexan as decisións políticas no Estado de Miami) nas que promete, se accede á presidencia, agarrádevos porque ten bemoles o asunto, “procesar ante tribunais norteamericanos a altos funcionarios cubanos, entre eles Fidel e Raúl Castro”, “encarregar ao seu futuro Fiscal Xeral que investigue os casos, como derriba de avións (sic)... e tráfico de drogas nos que poidan estar involucrados funcionarios cubanos” ou “evitar que a Venezuela e a Bolivia tomen a mesma ruta fracasada que Castro pavimentou para o seu país". Zumentas, verdade?.
É necesario comezar dicindo que John McCain formou parte do continxente de centos de miles de criminais de guerra norteamericanos que, xunto a surcoreanos, australianos, filipinos e mesmo algún español invadiron e cometeron todo tipo de atrocidades no Viet-Nam, Camboia e Laos durante máis dunha década do século pasado. Tamén é necesario salientar que John McCain, piloto de cazabombardeiro derrubado sobre Hanoi por un mísil nordvietnamita en 1967, e malia as suas fechorías, debe a súa vida ao perdón dun povo, un exército e un governo da República do Viet-Nam que decide liberalos a el e a todo o conxunto de asasinos responsables da morte de millóns de persoas inocentes, tras gañar a guerra. Co permiso das autoridades vietnamitas, debemos expormos aquí se foi acertada esta decisión de liberalo a el e ao resto desa chusma descubrindo no que se converteu algún dos seus antigos prisioneiros .
Dito isto, e no que as declaracións do cretino McCain se refire, chegaa pararse a reflexir e a escarbar superficialmente na inmundicia que as súas declaracións constitúen, para pararse a preguntar:
1º:Como é posible que o país que ten ás súas costas o maior número de inxerencias externas, intervencións militares, actos de guerra suxa, soporte a actividades terroristas, bloqueos económicos, derriba de governos e violacións de boa parte da Declaración de Dereitos Humanos poida ter como aspirante a Presidente a un tipo que unilateralmente declara sentirse capacitado para sentar ante o corrupto sistema xudicial norteamericano a Xefes de Estado dun país, que o próximo 1º de Xaneiro cumprirá 50 anos sendo precisamente a maior vítima das actuacións anteriormente descritas?.
2º:Como é posible que o país que dirixiu directamente ou financiado intentos de invasión, bloqueos económicos, ametrallamento de pesqueiros, explosións en barcos ou avións, envenenamentos masivos, secuestro de nenos, atentados tanto en edificios institucionais como de carácter privado, queima de colleitas, introdución de pragas e enfermidades, intento de magnicidios... teña como candidato a un persoaxe que ten o rostro de falar ante o foro de hienas que constitúe boa parte do chamado “exilio cubano” de Miami, sobre a protección de non se sabe que dereitos?.
3º: Como é posible que un cidadán que defende, non só a soberanía norteamericana dun territorio amputado no seu día ilegalmente á República de Cuba, senón a súa conversión en centro de reclusión e de horrendas torturas, como é a base naval de Guantánamo; que defende a impunidade e o acollemento dentro das fronteiras do seu país a terroristas confesos como Luís Pousada Carriles (autor da explosión en 1976 en pleno voo dunha aeronave de Cubana de Aviación) e de organizacións como Alpha 66; que se outorga o dereito a intentar impedir o exercicio da soberanía doutros Estados como Venezuela ou Bolivia (como xa fixeron en Chile, Granada, Panamá, Nicaragua, Iraque, Líbano...) mentres ousa mencionar calquera suposto de xustiza ou liberdade; que o candidato á xefatura dun governo responsábel da morte e as feridas a miles de homes, mulleres, nenos e nenas de Cuba ouse falar de “atentados contra cidadáns norteamericanos”?. Cando e onde eses atentados, “Sr.” McCain?
4º: Como se atreve a falar de perseguir o tráfico de drogas o candidato a presidente dun país cuxos bancos teñen entre as súas principais operacións, e como fonte de beneficios, o lavado do diñeiro procedente precisamente do tráfico internacional de estupefacientes, e en cuxo país producir os maiores índices de consumo e tráfico?
Pero este personaxe, do mesmo xeito que o actual alugueiro da Casa Branca, é un borracho, un hipócrita ou simplemente prepara unha declaración de intencións para converterse no que o conxunto dos antecesores no cargo ao que el aspira convertéronse no seu día en maior ou menor grao, é dicir, nun criminal?
Deixémolo aí e enlacemos coa noticia aparecida unhas páxinas máis atrás.
Falando da situación na que se atopa o proceso seguido contra os soldados norteamericanos asasinos (permítase o último adxectivo reiterativo, pois a expresión “soldado norteamericano” xa leva implícita a maior parte das veces o termo “asasino”) do cámara galego Xosé Couso hai xa cinco anos no Hotel Palestina de Bagdad, e ante a (case nula) posibilidade de que os tres soldados yankees puidesen declarar (ollo, nin tan sequera ser xulgados) na España, un funcionario do Departamento de Estado norteamericano declara: ¡Antes xearáse o inferno!.
Recompilando:
A): 5 cidadáns de Cuba, heroes sen dúbida, cumprirán o próximo outono 10 anos en cárceres norteamericanos por xogarse a vida facendo o que en principio debese facer (e que, evidentemente non fai, senón todo o contrario) o governo dos EE.UU. no seu propio territorio: previr ataques terroristas planeados, financiados e que contan como base de operacións o Estado de Florida.
B): Terroristas confesos, ou dito doutra forma, responsabeis directos da morte de inocentes que, aínda por riba, se gaban dos seus actos, residen impunemente dentro do territorio norteamericano, cuxo governo se nega a observar as peticións de extradición dos Estados que legalmente solicitan que lles sexan entregados para o seu xulgamento.
C): Persoal civil ou militar norteamericano vese protexido por leis do seu país que lles outorgan absoluta impunidade por calquera dos actos cometidos nas suas “misións” noutros Estados, quedando sometidos exclusivamente á xurisdición de EE.UU.;
D): Cadrando o sinistro círculo, EE.UU. concédese a si mesmo unilateralmente o dereito a “procesar diante de tribunais norteamericanos a altos funcionarios” (Mccain dixit) estranxeiros.
Sobran as palabras tanto como seguen faltando actos que borren para sempre da face da Terra semellante exercicio de cinismo criminal.
Juan Carlos Martínez. Militante do PCPE