UNIÓN DA MOCIDADE DEMOCRÁTICA LIBANESA
¡¡Todos perdemos!!
Nós, o povo laico deste país, perdemos tras a ruptura de todas as liñas vermellas entre as diferentes seitas relixiosas, o que fixo aumentar a división.
Nós, o povo democrático deste país perdemos no medio da ausencia de democracia e a violencia dominante.
Nós, o povo que cre na resistencia, perdemos desque a imaxe dos loitadores da resistencia mudou na mente da xente.
Nós, o povo que traballa pola soberanía, perdemos ao abrir as nosas fronteiras a toda intervención internacional.
Nós, novas vítimas da guerra, perdemos a moitos que soñaban cun futuro mellor.
Nós, a xente pobre deste país, perdemos despois de que a nosa causa fose desgastada por todas as faccións, e despois de que calasen a voz dos traballadores con balas e confusión sectaria.
¡Mentres, a clase dominante gañou moito!
A oposición gañou probando a irresponsabilidade do governo, a súa incapacidade de mandar, e o seu carácter de marioneta do imperialismo.
As forzas governamentais gañaron ao demostrar que as armas da resistencia ameazan desde dentro a unha parte do povo libanés.
¡perdemos a batalla, pero non a guerra!
Defenderemos a nosa causa, que é o camiño da nosa loita, e comprometémonos cos nosos desexos innegociabeis:
1. Facendo fronte ao noso inimigo externo, que é Israel, principalmente por medio da loita armada.
2. Facendo fronte ao noso inimigo interno, que é o sistema sectario, e farémolo unicamente mediante a reforma democrática.
3. Facendo fronte ao noso inimigo eterno, que é a explotación, que desemboca na pobreza, mediante a unificación da clase obreira nas súas esixencias de loita polos seus dereitos e por unha vida digna.
O sentimento de decepción é xeralizado agora, pero seguiremos loitando e coreando a nosa consigna: "¡Non estás derrotado, mentres sigas resistindo!"
Unión da Mocidade Democrática Libanesa.
Beirut
14 de Maio de 2008