Nepal proclama a república e pon fin a 240 anos de monarquía
* O Parlamento concede ao rei un prazo de 15 días para irse do
palacio
* Os maoístas son os encargados de governar tras gañar as
eleccións de abril
?FPRIVATE "TYPE=PICT;ALT= "
Novos nepalís celebran a proclamación da república nas
rúas de Katmandú, malia a prohibición de se manifestar. Foto: EFE /
NARENDRA SHRESTHA
MÁIS INFORMACIÓN
* A fin do esplendor monárquico
Entre os máis pobres
ADRIÁN FONCILLAS
PEQUÍN
Só falta a morbosa foto do rei Gyanendra partindo coas súas maletas do
palacio real. O resto é coñecido: Nepal, o pequeno país do Himalaia,
muda en república. Miles de cidadáns desobedeceron a prohibición de se manifestarense,
cantaron e berraron "Longa vida á República" e ondearon
bandeiras comunistas en Katmandú, fronte á sede do Parlamento, que
proclamou onte por 560 votos contra 4 a fin dos 240 anos de reinado da
última monarquía hinduista do mundo. Aínda que o rei fora instado a abandonar
o palacio, a asemblea acordou onte darlle un prazo de 15 días.
As catro bombas de pouca potencia que explodiron nos últimos días,
sen vítimas, achácanse a seguidores do partido monárquico, que sufriu unha
derrrota electoral en abril. É pouco probabel que o rei desobedeza a
orde, xa que nese caso sería desaloxado pola forza.
A HORA DOS MAOÍSTAS
As eleccións de abril foron gañadas polos maoístas, que conseguiron un
terzo dos 575 lexisladores, quen governarán o país e deberán
elaborar unha nova Constitución. Esta debe pechar a década de enfrontamentos
entre Exército e os maoístas, que causaron 13.000
mortos. Tras abolir a monarquía, a primeira medida, deberán resolverse
algúns problemas: os tres partidos maioritarios discuten se dotar ou non de poder
executivo ao presidente do país, igual que ao primeiro ministro. A
razón é que os dous aspirantes á presidencia (Prasad Koirala, líder do
Partido do Congreso, e o xa mítico exguerrillero Prachanda) non queren
recibila sen atribucións.
A marcha de Gyanendra porá punto final ao mobbing dos últimos meses:
foi descabalgado da xefatura do Exército, os seus sete palacios foron nacionalizados, o monte Everest substitúe á súa efixie nos billetes,
tivo que pagar impostos e a palabra real xa non figura no nome da
aeroliña estatal.
Ata hai pouco, Nepal reverenciaba aos monarcas como a encarnación do
deus Vishnú. Pero o rei Gyanendra nunca gozou da simpatía do povo,
malia a súa fama de refinado poeta e defensor do medio ambiente. A súa chegada
ao trono, no 2001, foi precedida dunha escura matanza palaciega e son
moitos os que lle culpan de tela organizado. No 2005, cando a loita
cos maoístas era máis fragorosa, Gyanendra disolveu o Parlamento e
asumiu o poder absoluto. Unha revolta con 20 mortos obrigoulle a restituílo
no 2006. Fíxoo á desesperada, para salvar polo menos a
monarquía parlamentaria, pero o descontento do povo xa non tiña marcha
atrás. Os maoístas esixiron a súa saída tras asinar a paz co Governo e
render as armas á ONU.