F.S.M.
federación sindical mundial
Atenas, 23 de maio de 2008
Comunicado
A Federación Sindical Mundial foi informada de que a Federación
Nacional de Sindicatos de China (ACFTU) decidiu presentar unha
candidatura ao Consello de Administración do Grupo de Traballadores da OIT
nas próximas eleccións que se celebrarán a principios de xuño.
Cremos que a decisión da ACFTU de presentar candidatura é correcta e
xusta. A ACFTU é a maior organización sindical con 193 millóns de afiliados
e en base ao principio da representación proporcional ten
todo o dereito a facelo. Actualmente a ACFTU xoga un papel principal no
escenario sindical internacional e segundo os principios de democracia e
transparencia ten todo o dereito a ser elixida.
A actual composición do Consello de Administración do Grupo de Traballadores
dana o prestixio da OIT. A imaxe do monopolio dun non
é positivo.
Por todos estes motivos declaramos o sincero e firme apoio da FSM á
candidatura do compañeiro Jiang Guangping.
Facemos un chamamento a todos os nosos afiliados e amigos e a todos
os sindicatos independentes a que apoien, traballen e voten polo éxito da
candidatura da ACFTU.
Secretariat FSM