quarta-feira, 21 de maio de 2008


http://www.solidnet.org
News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.
Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .

SKOJ, Sobre o Día da Vitoria contra o Fascismo
-------------------------------------------------
From: Novo Partido Comunista da Iugoslavia, Sabado, Maio 17, 2008
http://www.skoj.org.yu/ , mailto:skoj05@yahoo.com
==================================================

Caloroso saúdo da Liga da Mocidade Comunista no día da vitoria sobre o fascismo

No campo europeo, aparte do Exército Vermello, O Exército Popular de Liberación da Iugoslavia foi o máis potente membro da coalición antifascista. Foi moi especial no sentido de que, entre outros, non foi fundado polo movemento de resistencia, senón por un masivo levantamento popular baixo a dirección dos comunistas. Este levantamento popular creou de feito a segunda fronte en Europa. O actual governo está intentando ocultar por todos os medios a verdade sobre a heroica loita antifascista. Así mesmo intentan presentar a loita antifascista como gratuíta , e rehabilitar ás forzas que perderon a guerra. Intentan agochar feitos históricos, que mostran que os únicos verdadeiros patriotas no noso país durante a Segunda Guerra Mundial foron os comunistas, á cabeza do Movemento de Liberación. Estamos lexitimamente orgullosos da heroica resistencia do noso povo baixo a dirección do KJP. Continuaremos construíndo sobre as conquistas da Guerra de Liberación Popular e a revolución socialista, e protexendo os valores que os nosos antepasados crearon con grande sacrificio.

Os verdadeiros antifascistas non esquecerán xamais que os partisanos, baixo a dirección dos Comunistas e do Exército Vermello, o exército da gloriosa Unión Soviética, o primeiro estado socialista no mundo, liberaron ao noso país.
Os verdadeiros patriotas e antifascistas non esquecerán que esta loita foi tamén a revolución socialista, para construír unha sociedade mellor. Nunca esqueceremos aos combatentes caídos e o seu heroico exemplo.

O Fascismo volve espertar no mundo baixo diversas formas.

O Fascismo foi, con todo, unha vez derrotado polos nosos pais e avós, e nós volveremos a derrotalo.

The Secretariat of SKOJ
Maio 9, 2008
TRADUCIDO POLO PCPE
_________________________________
Savez komunisticke omladine Jugoslavije SKOJ ?
The League of Yugoslav Communist Youth SKOJ
Nemanjina 34/III , 11000 Beograd - Nemanjina 34/III, 11000 Belgrade, Serbia
web: www.skoj.org.yu * e-mail skoj05@yahoo.com * skoj@neobee.net





subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,

http://www.solidnet.org