segunda-feira, 16 de junho de 2008


80 deputados gregos protestan pola ilegalización da KSM





Queremos informarlles de que, seguindo unha iniciativa do grupo parlamentario do noso partido, 80 deputados entre eles dirixentes de partidos, 2 dos 5 vicepresidentes do Parlamento e varios antigos ministros asinaron unha petición ao goberno checo e ao resto de autoridades competentes, pedindo a retirada da ilegalización das actividades da Unión da Mocidade Comunista da República Checa.



Os deputados son de practicamente todos os partidos con representación no parlamento grego, excepto o ultradereitista Alarma Popular Ortodoxa (A.VOS), e son os 22 deputados do Partido Comunista de Grecia (KKE), 11 deputados do gobernante Nova Democracia (ND), 33 do principal partido da oposición, o PASOK, e 14 do partido SYRIZA.



A petición que foi remitida á embaixada da República Checa en Atenas é a seguinte:



9 deputados asinan a petición contra a ilegalización



"Ás autoridades competentes da República Checa



PETICIÓN



A decisión da Corte de Praga de prohibir as actividades da Unión da Mocidade Comunista da República Checa (KSM) constitúe un perigoso feito xa que cuestiona as liberdades políticas básicas e os dereitos fundamentais. Conduce á penalización do dereito a expresar a opinión política de cada un.



Os membros do Parlamento Grego que asinan este chamamento esixen a revogación da prohibición da actividade da KSM."







KKE

Papariga Alexandra

Chalvatzis Spyros

Kantartzis Axilleas

Kaneli Liana

Kafantari Lila

Mavrikos Giorgos

Protoulis Giannis

Mela Eva

Ziogas Giannis

Kalantidou Sofia

Manolakou Diamanto

Nikolaidou Beira

Karathanasopoulos Nikos

Skopoelitis Stavros

Skyllakos Antonis

Gatzis Nikos

Giokas Giannis

Moraitis Nikos

Alyssandrakis Kostas

Charalampous Charalampos

Mariños Giorgos

Kazakos Kostas



Nea Dimokratia

Panagiotopoulos Panos

Giannellis Giannis

Dendias Nikos

Markopoulos Constantinos

Tzamtzis Iordanis

Regouzas Adam

Mpouras Thanasis

Patrianakou Fevronia

Manousou Ariadni

Ragiou Natasa

Canteres Nikolaos



PASOK

Kastanidis Charis

Reppas Dimitris

Tzakri Theodora

Nikitiadis Giorgos

Kartalis Kostas

Drivelegas Giannis

Koutmeridis Stathis

Nasiokas Ektoras

Papageorgiou Giorgos

Dolias Giorgos

Petalotis Giorgos

Petsalnikos Philippos

Rovlias Ntinos

Kouselas Dimitris

Amoiridis Giannis

Geitonas Kostas

Skoulakis Manolis

Saxinidis Philippos

Niotis Grigoris

Rapti Sylvana

Magrioths Giannis

Karximakis Mihalis

Pantoulas Michalis

Dragona Thaleia

Arapoglou Chrysa

Lampiris Hlias

Christofilopoulou Evi

Chaidos Christos

Exarchos Vasilis

Timosidis Michalis

Kegeroglou Vasilis

Rigas Panagiotis

Skrafnaki Maria



SYRIZA

Kouvelis Fotis

Dragasakis Giannis

Papagiannakis Michalis

Mpanias Giannis

Tsoukalis Nikos

Leventis Thanasis

Korovesis Periklis

Dritsas Thodoris

Alavanos Alekos

Amanatidou Evaggelia

Filini Anna

Kourakis Tasos

Lafazanis Panagiotis

Psarianos Grigoris





*Información da Sección Internacional do KKE