sexta-feira, 27 de junho de 2008

Comunicado conxunto de prensa dos Partidos Comunistas de Grecia e Israel

Sobre as manobras militares Greco-israelís "Glorious Spartan"

Os Partidos Comunistas de Grecia e Israel protestan polas manobras conxuntas das forzas aéreas de Grecia e Israel que tiveron lugar baixo o nome en clave ?Glorious Spartan 08? o 28 de maio e o 12 de xuño na illa grega de Creta, usando a base de Súa Bay. Durante os exercicios tácticos de gran escala, que foron mantidos en segredo, foron realizados 130 voos por parte de Grecia e outros 130 por avións de combate israelís.

Estas manobras conxuntas teñen lugar nun período no que cobran forza as voces dos gobernos de USA e Israel argumentando en favor dun golpe preventivo contra Irán. Toda a concepción e a achaiadura das manobras evidencian que o seu obxectivo foi preparar un posible golpe contra Irán.

Os Partidos Comunistas de Grecia e Israel denuncian o compromiso directo dos nosos países na peligrosísima escalada contra Irán. Estes designios imperialistas constitúen unha ameaza directa para a paz e a estabilidade na rexión; representan novos e serios perigos para os pobos da rexión; apuntan á promoción do proxecto do ?Novo Oriente Medio?, como continuación da expansión da OTAN sobre o Mediterráneo, o Oriente Medio e o Asia Central.

Chamamos:

- á clase obreira, ás xentes amantes da paz dos nosos países, a mobilizarse para previr posibles aventuras contra Irán con participación dos nosos países.

- aos movementos populares e defensores da paz, ás forzas progresistas e antiimperialistas da rexión, a condenar os plans imperialistas e a reforzar a solidariedade internacional entre os pobos.
Atenas ? Tel Aviv, Xuño 25, 2008


Partido Comunista de Grecia-Partido Comunista de Israel
Communist Party of Greece ? Communist Party of Israel