terça-feira, 10 de junho de 2008

EURODEPUTADOS COMUNISTAS GREGOS, PARA O POVO DA IRLANDA



De Solidnet.



Carta aberta ao povo traballador de Irlanda





Estimados amigos,



Traballadoras e traballadores, mocidade da Irlanda.





As forzas dominantes da Unión Europea, os governos, os representantes dos grandes negocios, buscaron manter a dirección e o verdadeiro propósito do Tratado de Lisboa ben oculto aos povos da Europa ata despois de que o povo irlandés vote. No noso país, así como en todos os demais países da UE, rexeitan calquera debate público e negan ao povo calquera declaración sobre o Tratado, a pesar do feito de que traerá duras consecuencias para os seus dereitos laborais, sociais, democráticos e civís.



O novo Tratado da Unión Europea, que foi asinado polos Xefes de Estado e de Governo dos países da UE en Lisboa en decembro de 2007, non é máis que unha nova versión do denominado "Tratado Constitucional" que fora rexeitado polos povos.



A obriga constitucional do seu país de que o Tratado de Lisboa debe ser apresentado aos votantes irlandeses en referendo coloca a Irlanda nunha posición única.



Pedímoslles a vostedes, o povo irlandés, que utilice esta oportunidade e fale por todos os povos da Europa que foron silenciados. ¡Voten "NON" por todos nós, en nome dos centos de millóns de traballadores a quen se negou un referendo!



Unha vitoria do "Non" suporá unha gran vitoria para todos os traballadores e povos dos países da Unión Europea e enviará unha mensaxe de optimismo a todos os povos do mundo.





Giorgos Toussas, Europarlamentario (KKE)



Thanasis Pafilis, Europarlamentario (KKE)



Costas Droutsas, Europarlamentario (KKE)


---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
Dáche: 09-jun-2008 15:05
Subject: CP of Greece, Open Letter to the Working People of Ireland
To: info@solidnet.org

http://www.solidnet.org

News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.

Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .



CP of Greece, Open Letter to the Working People of Ireland

-------------------------------------------------

From: Communist Party of Greece, Monday, June 09, 2008

http://inter.kke.gr , mailto:cpg@int.kke.gr

==================================================



Open Letter to the Working People of Ireland