quarta-feira, 18 de junho de 2008

KKE sobre o "Non" en Irlanda


Declaración da Oficina de Prensa do CC



¡REFERENDO XA!





O KKE alégrase polo forte NON expresado polo pobo irlandés, que fixo que o Tratado de Lisboa sexa inaplicable. Así mesmo, acolle de bo grado que a clase obreira e os pequenos e medianos agricultores ignorasen a propaganda e a presión que se exerceu desde os partidos do sistema en Irlanda, as institucións e os gobernos da UE.



O voto NON do pobo irlandés demostra que os argumentos sobre o chamado "modelo irlandés" e "o país máis favorecido" refírense aos intereses dos burgueses e non do pobo. Revela tamén a magnitude das mentiras dos partidos que apoian a "UE de sentido único", ao falar dos "satisfeitos traballadores irlandeses".



O voto NON do pobo irlandés é un acto de desobediencia que ten a maior importancia para os pobos de Europa. Revela que a indignación popular contra a UE está crecendo e que avanza cara á desobediencia. A construción reaccionaria, tanto da dereita como dos partidos de centro-esquerda, foi feita trizas e debe ter o mesmo fin que a Constitución Europea que foi rexeitada masivamente polo pobo. Os gobernos da UE foron desenmascarados política e moralmente. Unicamente en Irlanda non foron capaces de controlar a indignación popular. Por iso Irlanda foi o único país onde se expresou o rexeitamento popular.



Nova Democracia e o PASOK comparten a responsabilidade para co pobo grego. Ambos apoiaron os intentos de enganar aos pobos da UE. No parlamento votaron apresuradamente a favor do Tratado de Lisboa para exercer presión sobre o pobo irlandés, que unhas horas máis tarde votaba en referendo.



Tras a resposta do pobo irlandés, é hora de que o pobo grego esixa máis firmemente un referendo, contribuíndo así ao rexeitamento ao Tratado de Lisboa e da UE como un todo. O KKE chama ao pobo de Atenas a participar masivamente na manifestación que se celebrará o martes 17 de xuño, ás 19:30, na Praza Omonia para esixir un referendo.



A clase obreira, os pequenos e medianos agricultores, os autónomos e a mocidade deben rexeitas os argumentos fabricados dos partidos ao servizo do capital. Teñen que confrontar coa UE para deter unha maior deterioración das súas vidas. Teñen que loitar para sacar a Grecia e derrocar á UE. Así se creará unha Europa para os pobos, unha Europa socialista.



Atenas, 13 de xuño de 2008.






---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
Dáche: 18-jun-2008 14:17
Subject: CP of Greece, Statement of the Press Bureau of the CC on the "NON vote" in
Ireland To: info@solidnet.org