Por Frei Betto /Granma - Desde Abaixo. O CHE
O 14 de xuño Che Guevara cumpriría oitenta anos. A súa militancia entre nós terminou aos trinta e nove.
Pero non o deron matado. Hoxe está máis vivo que nas súas catro décadas de existencia real. Ademais, son raros os revolucionarios que como Mao e o propio Fidel, envellecen. Moitos derramaron cedo o seu sangue para contribuíren ao proxecto dun mundo de liberdade, xustiza e paz: Xesús, con 33 anos; Martí, 42; Sandino, 38; Zapata, 39; Farabundo Martí, 38; só para citar uns poucos exemplos.
O inimigo hase arrincar os cabelos ao constatar que, hoxe, Che atópase máis presente que na época en que eles crían poder asasinar as ideas. Intentaron todo para condenalo ao esquecemento; cortaron o seu corpo e esconderon os seus membros en diferentes lugares; inventaron sobre el toda sorte de mentiras; prohibiron que a súa literatura circulase en moitos países. Fénix obstinada, Che revive en fotos, música, espectáculos teatrais, filmes, poemas, novelas, esculturas e textos académicos. Ata unha cervexa bautizaron co seu nome, a Unique Garden, a imaxe do seu rostro conforme a famosa foto de Korda, ocupa o centro das salas das vivendas.
Ao constatar que as cadeas non aprisionan os símbolos, nin as balas matan os exemplos, inventaron falsas biografías para tentar difamalo. En balde. Mesmo nos xogos de fútbol os afeccionados levantan pancartas co seu rostro. E vexan que non se gasta un centavo nesa propagación da súa imaxe. Ela soa ten importancia por reflectir as ideas que fixeron del un revolucionario. Nada diso é froito da mercadotecnia. Son xestos espontáneos de quen queren salientar que a utopía permanece viva.
Hoxe, ao resumir o legado do Che e celebrar os seus oitenta anos esíxenos manter o corazón e os ollos voltos cara á preocupante situación do noso planeta, onde impera a hexemonía do neoliberalismo. Multitudes, sobre todo novas, son atraídas ao individualismo e non ao espírito comunitario; á competitividade e non á solidariedade; á ambición desmedida e non á loita en prol da erradicación da miseria.
Fálase tanto do fracaso do socialismo no Leste europeo e case nunca do fracaso inevitable do capitalismo para os dous terzos da humanidade, dos catro billóns de persoas que viven por baixo da liña de pobreza.
Nos angustia tamén a degradación ambiental. Se os líderes mundiais oísen o alerta de Fidel no Cume do 92 en Río de Janeiro quizais a devastación non chegase ao extremo de provocar frecuentes tsunamis, tornados, tifons e furacáns xamais vistos, sen falar do arrequecemento global, do desxeo dos casquetes polares e a desertificación dos bosques. A devastación da Amazonía é alarmante.
O barril de petróleo, que custa dez dólares na boca do pozo, xa custa máis de cento vinte dólares no mercado. É triste constatar que grandes áreas agrícolas para a alimentación son reservadas para a produción de etanol destinado a nutrir os 800 millóns de vehículos automotores que circulan en todo o planeta e non aos 824 millóns de bocas famentas ameazadas pola morte precoz. Fronte a ese mundo en que a especulación financeira suplantóu a produción de bens e servizos, en que a bolsa de valores serve de termómetro da suposta felicidade do home, que facer?
Bolívar debe estar feliz coa primavera democrática en América do Sur. Logo dos ciclos de ditaduras militares e gobernos neoliberais, agora o pobo elixe gobernos que rexeitan o ALCA, aproban o ALBA e reforzan o MERCOSUR e repudian a invasión de Iraq e o bloqueo a Cuba por parte do goberno de Estados Unidos.
Cal é o mellor xeito de conmemorar os oitenta anos do Che? Creo que o mellor agasallo sería ver ás novas xeracións crendo e loitando por outro mundo posible, onde a solidariedade sexa hábito, non virtude; a práctica da xustiza unha esixencia ética; o socialismo o nome político do amor.
¡Construír un mundo sen degradación ambiental, fame e desigualdade social!
En vésperas do aniversario 50 da Revolución cubana, todos debemos encarala cada vez máis, non como un feito do pasado e si como un proxecto de futuro.