FRANCIA VOLVE AO MANDO INTEGRADO DA OTAN
Nicolas Sarkozy confirmou que Francia volverá ao mando militar integrado da OTAN, como anunciara no último cume da Alianza, o 3 de abril, en Bucarest. O regreso producirase probablemente no cume do 60° aniversario da OTAN, en abril do 2009. Sarkozy aclarou que a disuasión nuclear seguirá sendo "estritamente nacional" e que "Francia non colocará ningún continxente militar baixo mando da OTAN en tempo de paz". Enmarcou este regreso no desenvolvemento da Europa da defensa, obxectivo da presidencia francesa da UE, pero xa non parece que isto sexa unha condición previa para volver ao mando integrado.