Declaración dos participantes no 3º Encontro Europeo en Bruxelas
O xoves 24 de abril de 2008 a Unión da Mocidade Comunista (KSM) recibiu unha decisión do Tribunal Municipal de Praga que rexeitaba o recurso administrativo interposto pola KSM contra a decisión do Ministerio do Interior da República Checa sobre a disolución da Unión da Mocidade Comunista (KSM). A prohibición da KSM polo Ministerio do Interior declarábase legal.
Como razón oficial para a ilegalización da KSM esgrimiuse o obxectivo programático da KSM de substituír a propiedade privada dos medios de produción por unha propiedade colectiva dos medios de produción. Outra razón para a disolución da KSM era o convencemento da xente nova sobre a necesidade de loitar por outra sociedade que non estea baseada nos principios capitalistas. O ataque á KSM é tamén unha mostra inaceptable de manipulación política e ideolóxica que ten como obxectivo a todo o movemento comunista. Constantemente sácanse iniciativas para criminalizar a ideoloxía comunista e toda actividade pública que chame á satisfacción dos intereses dos explotados e oprimidos.
Este novo paso do Ministerio do Interior conta co rexeitamento fundamental da maioría do pobo checo.
Este ataque contra a KSM é a culminación dunha longa campaña anticomunista. Esta campaña caracterizouse, por exemplo, pola petición denominada "Prohibamos aos comunistas", que obedece a unha tendencia que trata de aprobar a lei que criminalizaría as ideas do comunismo, o movemento e a palabra comunista como talles, igualando o comunismo co fascismo e os crimes fascistas. As tendencias que tratan de ilegalizar ao Partido Comunista de Bohemia e Moravia (KSCM) intensificáronse, en concordancia cos ataques contra outras forzas progresistas e democráticas na República Checa. Actualmente hai un intento de consagrar o revisionismo histórico que ataca á tradición e as experiencias comunistas, progresistas, democráticas e antifascistas. As campañas anticomunistas utilizar o sistema estatal de educación pública así como os medios de comunicación.
Habemos de subliñar que a ilegalización da KSM é un ataque a todo o movemento comunista, tamén ao Partido Comunista de Bohemia e Moravia, a quen o poder estatal non se atreveu a atacar directamente ata agora, pero a quen se ataca indirectamente a través da KSM.
Nós, os participantes no 3º Encontro en Bruxelas rexeitamos firmemente os pasos antidemocráticos dos órganos estatais da República Checa e facemos un chamamento pola inmediata finalización da política represiva e a abolición da ilegalización da KSM.
¡Non á ilegalización da Unión da Mocidade Comunista! ¡Non ao anticomunismo!
Os participantes no 3º Encontro Europeo en Bruxelas
Partido do Traballo de Bélxica
Partido Socialista dos Traballadores de Croacia
Partido Comunista de Bohemia e Moravia
Unión da Mocidade Comunista (KSM). República Checa
Partido Comunista en Dinamarca
Partido Comunista de Finlandia
Partido Comunista de Grecia
Mocidade Comunista de Grecia (KN E)
Partido Comunista dos Traballadores Húngaros
Partido dos Comunistas Italianos
Partido Socialista de Letonia
Partido Socialista de Lituania
Novo Partido comunista dos Países Baixos
Partido Comunista de Polonia
Partido Comunista Portugués
Partido da Alianza Socialista de Romanía
Partido Comunista dos Povos de España
Partido Comunista de Suecia
Partido Comunista de Turquía
Convidado: Polo de Renacemento Comunista de Francia