TERCEIRO ENCONTRO EUROPEO SOBRE EDUCACIÓN
DECLARACIÓN DE SOLIDARIEDADE COA CAMPAÑA IRLANDESA CONTRA O TRATADO DE LISBOA
-------------------------------------------------
De: Partido Comunista de Grecia, Luns, 2 de Xuño 2008
http://inter.kke.gr , mailto:cpg@int.kke.gr
==================================================
Comunicado de solidariedade coa campaña irlandesa contra o Tratado de Lisboa
Os representantes de Partidos Comunistas e Obreiros, movementos e organizacións xuvenís e estudantís participantes no Terceiro Seminario Europeo sobre Educación celebrado en Bruxelas o 27 de Maio de 2008, traslada a súa mensaxe de solidariedade e apoio á Campaña contra o Tratado de Lisboa, a todas as forzas progresistas, políticas, sindicais e populares, comprometidas co rexeitamento do Tratado da UE feito á medida das clases dominantes.
O novo Tratado da UE, asinado polos Xefes de Estado e de Goberno dos países da UE en Lisboa en decembro de 2007, non é máis que unha nova versión do chamado ?Tratado Constitucional? que foi rexeitado polos pobos.
As clases dominantes puxeron en marcha o proceso de ratificación a través de procedementos sumarios sen ofrecer aos pobos a oportunidade de expresar a súa vontade.
O requisito que impón a Constitución do voso país de que o Tratado debe ser sometido a referendum, sitúa a irlanda nunha posición única entre os países da UE. Por todo iso o referendum de Xuño no voso país cobra unha enorme importancia. Millóns de traballadores a quen foi negado o dereito a expresarse sobre o Tratado, teñen a mirada posta no referendum irlandés e na batalla que estades librando.
O triunfo do ?NON? no referendum irlandés representará a maior vitoria para todos os traballadores e pobos da Unión Europea; será unha mensaxe de optimismo para todos os pobos do mundo!
Os participantes no Terceiro Encontro en Bruxelas:
Workers' Party of Belgium
Socialist Workers Party of Croatia
Communist Party of Bohemia and Moravia
Communist Youth Union of Czech Republic (KSM)
Communist Party in
Denmark Communist Party of Finland
Communist Party of Greece
Communist Youth of Greece (KNE)
Hungarian Workers' Communist Party
Party of the Italian Communists
Socialist Party of Latvia
Socialist Party of Lithuania
New Communist Party of the Netherlands
Communist Party of Poland
Portuguese Communist Party
Socialist Alliance Party, Romania
Communist Party of the Peoples of Spain
Communist Party of Sweden
Communist Party of Turkey
Guest
Pole of Communist Rebirth