Os traballadores inmigrantes na Grecia levan a cabo unha folga histórica
TRABALLADORES GREGOS E INMIGRANTES XUNTOS NA LOITA!
Tomado de Xornal People's Weekly World / O noso Mundo
Autora: Laura Petricola
ATENAS Os traballadores inmigrantes que traballan nos campos de fresa de Nea Manolada, na rexión meridional grega do Peloponeso, onde se concentra un 90% da produción nacional de fresas, levaron a cabo unha folga histórica o pasado mes que abrirá o camiño aos traballadores inmigrantes do país na súa loita polos seus dereitos xunto cos traballadores gregos.
Tras unha folga de tres días entre o 18 e o 20 de abril, os xornaleiros volveron ao traballo cunha subida salarial de 25-26 euros diarios. Os seus salarios eran de 22-23 euros por unha xornada completa de traballo. Os folguistas comprometéronse a seguir a súa loita por un salario diario de 30 euros.
A pesar de que máis de 2000 dos 2500 xornaleiros de Nea Manolada son inmigrantes sen papeis de Bangladesh, Paquistán, India, Bulgaria, Albania, Romanía e outros países, responderon ao terror policial e aos crueis ataques dos grandes produtores, esixindo mellores condicións de traballo e de vida, así como maiores salarios.
A Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) estivo en Manolada durante o último ano axudando aos traballadores inmigrantes a organizaren a súa loita e a vincular estes temas a loitas obreiras máis amplas que se dan por toda Grecia.
O 11 de maio, forzas de PAME de todo o Peloponeso e as illas próximas mobilizáronse en Manolada nunha mostra masiva de apoio aos xornaleiros. O lema da concentración era "¡Traballadores gregos e inmigrantes xuntos na loita!". Os grandes terratenentes fixeron algúns intentos por volver aos agricultores gregos contra o PAME e os folguistas, dicindo que o traballo inmigrante quita empregos aos gregos.
Os jornaleros inmigrantes en Nea Manolada viven e traballan en condicións miserables. Obrígaselles a traballar todos os días, incluídos domingos. Os días sen traballar son días sen cobrar e baixo a ameaza do despedimento. Colleitan fresas en invernadoiros a 45º (113 Fahrenheit). Non hai servizos nin urinarios nos lugares de traballo: os traballadores deben utilizar os campos. A única subministración de auga vén das tubaxes que se usan para regar as fresas.
Moitos obreiros viven nos invernadoiros porque non poden permitirse alugar outro aloxamento. Cobren as súas improvisadas camas feitas con palets de madeira con xornais e farrapos. Non hai auga corrente, electricidade nin retretes. Aqueles suficientemente "afortunados" que teñen casa viven con 25 ou máis persoas compartindo un retrete en casas abandonadas ou en almacéns onde pagan 50 euros cada un ao mes.
Os obreiros deben pagar do seu peto toda a atención médica, a un goberno que rexeita dar asistencia médica gratuíta aos inmigrantes permanentes sen papeis. É máis, teñen moitos problemas médicos polo extenuante traballo e o excesivo uso de pesticidas e funxicidas sen equipos protectores. Moitos traballadores crían a fillos pequenos en tales condicións pésimas e desesperadas.
O goberno négase a garantir os dereitos laborais básicos e no seu lugar fai todo o posible por apoiar o "dereito" dos grandes terratenentes por extraer o maior beneficio posible deles. Só media hora de traballo representa o actual custo laboral dun día; as restantes seis horas e media van aos petos do xefe. En termos máis claros, de media un traballador da fresa chea cinco caixóns por hora, de dez caixas cada un. Cada caixa véndese por apenas 3 euros. ¡Fagan a conta!
Dados os beneficios implicados, está claro por que se atacaba aos folguistas e aos membros de PAME. Desde o primeiro día, os folguistas foron amedrentados polos xefes. No segundo día de folga, tres membros do Partido Comunista Grego (KKE) presentes para apoiar foron atacados e feridos, mentres grupos armados asaltaban as chabolas dos obreiros. As ameazas e provocacións continuaron o terceiro día mentres a policía quedaba mirando.
O terceiro día, os terratenientes aceptaron elevar os salarios e os folguistas volver ao traballo, comprometéndose a continuar a súa loita por un xornal de 30 euros diarios. O KKE esixe que os Ministerios de Traballo e Interior interveñan, aínda sen resultado.
A folga demostra que os inmigrantes teñen forza cando esa forza se canalíza en acción colectiva de masas. O KKE propón un marco de organización e loita para as necesidades dos inmigrantes e as súas familias que inclúe a inmediata legalización e dereitos iguais no traballo, a atención sanitaria, a educación e a seguridade social.
http://www.solidnet.org