Nova Delhi,
30 de maio de 2008
Comunicado de prensa
O Consello Nacional do Partido Comunista da India publicou a seguinte declaración á prensa:
O PCI saúda á nova República Democrática do Nepal
O Consello Nacional do Partido Comunista da India celebra o fin da monarquía en Nepal e o seu resurximento como unha "república independente, secular, inclusiva, federal e democrática con soberanía e autoridade para o povo nepalí".
O Partido dá o parabén á Alianza dos Sete Partidos por lograr semellante cambio histórico. India debería reformularse as súas relacións con Nepal, de acordo coa nova realidade emerxente na súa veciñanza.
----------x---------------x--------------
O PCI advirte sobre a subida de prezos que se contempla para o petróleo, diésel, etc.
?
O Consello Nacional do Partido Comunista da India publicou a seguinte declaración á prensa:
O goberno da India está contemplando unha considerable subida de prezos para o petróleo, diésel e combustibles domésticos. Xunto á recente subida no gran e outros bens esenciais, o encarecemento dos produtos derivados do petróleo supón unha volta máis de torca para a xa empobrecida poboación. Terá un efecto de fervenza nos prezos dos produtos en xeral. Calquera plan para controlar a inflación caerá en saco roto.
O PCI e outros partidos da esquerda suxeriron algunhas medidas para controlar os ascendentes prezos do petróleo no mercado internacional. Desgrazadamente, o governo non considerou estas alternativas para afrontar a situación, e está tomando o camiño fácil, sobrecargando ás clases pobres e medias. Ata agora, chamamos a que o governo desista nesta desastrosa medida anti-popular.
O PCI xa chamou a unha acción en todo o país contra a subida de prezos para o día 6 de Xuño. Ademais, chama a todos os sectores populares a protestar e actuar no momento en que a subida do prezo do petróleo, diesel e combustibles sexa anunciada.
?
(Kshetra Panda)