Adiante, adiante a loita!!!PC PAQUISTÁN
Breve punto de vista sobre a situación política en Paquistán
Paquistán estivo nunha continua crise desde a súa creación hai uns sesenta anos. Pero a crise presente chegou ao límite. Non é só política, senón tamén económica e social. O 9 de marzo de 2007 púxose de manifesto a súa intensidade cando os alicerces do estado chocaron entre si. Foi tan horrible a situación, que a Xunta militar e os seus amos americanos volvéronse tolos. Engadido a iso, cando Benazir Bhutto foi asasinada, a situación saíuse virtualmente do control e o mandato da Xunta transcendeu os límites dos acantonamientos. Foi o momento en que a vangarda revolucionaria organizada podería ter cambiado o rumbo cara á revolución. Pero iso non puido facerse visible, malia as eleccións do 18 de febreiro de 2008. O PCP non puxo as súas esperanzas dun cambio de sistema nos partidos que obtiveron o mandato.O pobo depositou expectativas nos partidos da corrente dominante. Cremos que tales aspiracións populares non se verán honradas por eses partidos, a menos que o pobo siga presionando mediante sentadas, manifestacións, marchas, etc. As manifestacións pararon, e unha nova clase dominante está emerxendo das cinzas da vella. America e os seus vigairos no Medio Oriente, a UE, os militares colaboraron a crear esta clase dominante unha vez máis. Os prezos de consumo disparáronse , o sistema xurídico non foi reinstaurado, e, sobre todo, o poder non foi transferido aos representantes. Namentres o PML-N abandonou a coalición. Os sectores democráticos do PPP foron marxinados. Agora, o PPP e ANP ocúpanse de forxar a alianza co Imperialismo americano e a clase dominante local. Mentres o PML-N está preparando o terreo para o capital do Medio Oriente . APDM foi reducido polos mullahs ao nivel de xoguete nas mans da clase dirixente.
O partido Republicano do imperialismo norteamericano está na fase final do seu mandato, e precipítase a implementar o seu plan do Maior Oriente Medio, o cal tamén implica unha reestruturación xeográfica dos estados da rexión. Paquistán leva as de perder neste escenario.
Cal debería ser o papel dos movementos democráticos, esquerdistas, progresistas e especialmente dos avogados de Paquistán?
O PCP está convencido de que o que realmente hai que facer é transferir o poder aos representantes do pobo e restaurar por lei os dereitos das nacións oprimidas. A restauración dos xuíces expulsados, incluíndo o CJ, á súa posición do 3 de novembro de 2007 é a proba de tornasol. Os alimentos, sobre todo a fariña, o aceite comestible, o ghee, o azucre, os legumes, o arroz e o petróleo deben ser postos a disposición en prezos subvencionados/reducidos para os pobres. Deben dar aos parados un emprego honorable. Para este fin, avogados, profesionais, sindicatos, unións de campesiños deben ser reunidas baixo unha bandeira, e comezar a presionar sobre o grupo Militar dominante e a Casa do Presidente.A longa marcha dos avogados debe apuntar ao GHQ e aos seus mentores americanos.Debe facerse unha prolongada sentada ante a Embaixada Americana. E outra ante o Despacho presidencial, que non debe dispersarse ata que todas as demandas sexan aprobadas polo Parlamento. Deben facerse chamamentos a Wheel Jam.
O papel do pobo e das forzas democráticas en países como o noso non pode limitarse a votar e elixir o parlamento, tamén é o noso papel loitar pola soberanía deste parlamento. Só entón a democracia botará aquí raíces.
Publicado por,
Secretariado Central,
Partido Comunista de Paquistán (PCP)
Communist Party Pakistan (CPP),
Phone: 022-2654531
Mobile: 03332714014
Email: cppak2003@yahoo.com