segunda-feira, 2 de junho de 2008

Declaración de Prensa



O Buró Político do Partido Comunista de India (Marxista) emitiu a seguinte declaración:



O Buró Político do CPI(M) condena firmemente os brutais tiroteos policiais do 23 e 24 de maio en Rajasthan, onde morreron 35 persoas e máis de 100 resultaron feridas. O goberno de Vasundhara Raje, que obtivo notoriedade polos tiroteos policiais, é o único responsable destes asasinatos. O goberno do BJP non aprendeu ningunha lección dos incidentes do ano pasado e equivocouse ao facer fronte á axitación.

O Buró Político esixe ao goberno de Vasundhara Raje que deteña inmediatamente a represión policial e dialogue cos líderes da axitación para chegar a un acordo amigable.