PARTIDO COMUNISTA DE IRLANDA. VITORIA DO NON
Comunicado de prensa
Vitoria do Non
O Partido Comunista de Irlanda dá a benvida á vitoria da campaña do non no referendo irlandés. A pesar de todos os recursos despregados, o "bullying" político e a chantaxe do sistema, tanto irlandés como da UE, e duns medios de comunicación hostís, a campaña superounos a todos e deu unha vitoria á democracia nacional non só para Irlanda, senón para todos os povos da UE.
O povo traballador, as comunidades pesqueiras e os pequenos campesinos saíron a dar un mortífero golpe aos plans dos amos de Bruxelas. Este voto foi contra a centralización do poder e a carreira para reducir os salarios e as condicións laborais dos traballadores.
Ata antes de que se coñecese o voto irlandés, José Manuel Barroso, Presidente da Comisión da UE, esixía que os gobernos da UE desen un impulso ao proceso de ratificación. Isto é outro exemplo da absoluta indiferenza que as elites políticas senten cara á democracia e a vontade do povo.
O Partido declarou que o Tratado de Lisboa está morto e que é hora dunha nova saída para o povo de Europa.
Queremos felicitar ao Movemento Popular e aos activistas comunistas polo seu excelente traballo nos últimos meses. Este é un gran golpe ao imperialismo europeo.
Eugene Mc Cartan
Secretario Xeral