PC Dinamarca ¡grazas, povo irlandés!
Partido Comunista en Dinamarca
Comité Executivo
Comunicado do Partido Comunista en Dinamarca, 13 de Xuño de 2008
Grazas ao Pobo Irlandés
O pobo francés e holandés votaron NON á proposta dunha constitución común Europea en 2005.
Con todo, a elite da UE seguiu intentando obter unha constitución común, e deulle a maquillaxe de novo tratado constitutivo, o tratado de Lisboa. En contra das normas democráticas básicas, evitouse facer referendos e a ratificación do tratado da UE transcorreu allea á participación dos cidadáns europeos. En Dinamarca fíxose a través da maioría parlamentaria, sen ningún tipo de discusión pública. Aínda por riba, puidemos ver como moi poucos parlamentarios participaron na sesión onde se votou.
¡O gobernos de todos os países membros da UE temían o xuízo da xente!
Soamente aos irlandeses permitíuselles votar o manipulado tratado de constitución da UE. votaron claramente ¡NON!
Os irlandeses votaron en nome de toda a poboación da UE. Damos as grazas ao pobo Irlandés polo seu NON. De novo quedou claro que a UE non se está construíndo sobre un mandato popular.
A UE é un proxecto de -e para- os monopolios. As consecuencias foron:
-Boom na privatización dos bens públicos, recortes nos servizos, redución nos niveis de vida e subida de prezos.
-Redución dos dereitos democráticos, sociais, de sanidade e educación.
-Aumento do gasto militar e da militarización.
-Drásticos recortes nos dereitos laborais e condicións de traballo.
-Mínanse as posibilidades para levar a cabo iniciativas progresistas en beneficio dun medio ambiente mellor.
O Primeiro Ministro Danés soñaba con ser o primeiro presidente da UE. Xa pode ir esquecéndose dos seus soños. Pero cando fale dunha solución rápida ao "problema irlandés", estaremos vixiantes. Non máis manipulacións co NON que deu o pobo. A UE debe recoñecer que a poboación non quere esta UE. Europa debe de traballar xunta dun modo democrático, con respecto á soberanía de cada país, as diferenzas culturais, e na base dos desexos e necesidades da poboación.
Advertimos ao pobo irlandés de que deberán superar as continuas manipulacións, por exemplo, que se ofrezan excepcións especiais a Irlanda, como fixeron con Dinamarca tras o noso NON ao tratado de Maastricht. O noso goberno xa anunciou un novo referendo para este ano para eliminar as excepcións.
Ao goberno dicímoslle: ¡Non toquen as excepcións danesas!
A toda a poboación da UE: ¡Detede a UE!