NOVO BOLETÍN ASKAPENA
boga!
*Kaixo lagunak!
Presentámosvos o novo boletín de Askapena boga!. boga! sairá cada 15 días e alternará a actualidade do traballo e loita internacionalista en Euskal Herria, con boletíns escritos cunha perspectiva máis histórica e sempre en clave internacionalista. Seguindo a dinámica do 'paso a paso' trataremos de desenvolver un tema por boletín. Esperemos que sexa de voso agrado. Podeís descargalo en PDF aquí.
Xornadas Internacionalistas 08
"boikotak piztuz, elkartasuna eraiki!"
Desde o primeiro 'Internazionalista Eguna' fai xa 20 anos, escollemos sempre un lema, unha idea, pobo ou loita que queremos facer protagonista do mesmo.
Asi, o lema para as xornadas internacionalistas de 2008 foi 'acendendo os boicots, construímos a solidariedade' e respondeu ao traballo que Askapena, xunto a outras organizacións de Euskal Herria, está realizando para a socialización e extensión das campañas 'Israeli boikot' e 'Euskal Herriak Cocacolari EZ'.
por que?
A campaña de boicot a Israel responde ao chamamento de máis de 170 organizacións da sociedade palestina, que emula a campaña de boicot que, sobre todo na década dos 80, realizouse contra o estado racista de sudáfrica e a súa política de Apartheid.
Tras 60 anos da imposición do estado de israel, a opresión, ocupación e apartheid cara a Palestina non deixa de crecer, con todo, a nivel internacional Israel mantén relacións políticas, económicas, acádemicas, deportivas e de todo índole con total 'normalidade' (máis aló de descualificacións puntuais).
EHL
Por outra banda o sindicato Sinaltrainal de Colombia leva máis de dúas décadas loitando contra varias transnacionais que, en complicidade co estado colombiano e mediante paramilitares, hostigan, obrigan a huír e matan a sindicalistas en Colombia. Os traballadores e traballadoras de Sinaltrainal decidiron enfrontarse e denunciar a estas transnacionais e en especial a cocacola, sendo declarado polo Foro Social Mundial de 2002, o día 22 de Xullo, como día mundial contra a cocacola.
Para Askapena esta campaña de boikot simboliza a loita pola xustiza e a paz en Colombia, a solidariedade internacionalista para axudar a abrir a porta á Nova Colombia e un xeito de dicir non ao imperialismo das transnacionais e dos estados 'xendarmes'. (Sen esquecer, claro, que cocacola ademais roubou terras e augas a comunidades en India, Chiapas, e outros pobos do mundo, ademais de que tamén sindicalistas de cocacola foron asasinados en Guatemala).
Que traballo realizouse nas xornadas?
A parte de charlas, festas reivindicativas, mobilizacións e diversas reunións para a socialización das campañas. Hai que subliñar os compromisos que diversas organizacións de distintos ámbitos tomaron ao redor das dúas campañas de boicot.
Na iniciativa 'Israeli boikot' cabe destacar os compromisos que a nivel institucional tomáronse para a aprobación de mocións nos concellos. Nestas mocións declárase 'non grato' a Israel e decrétase non ter ningún tipo de ralación económica, política, institucional ou cultural con israel. Xa había 6 concellos de Sakana (Navarra) que habían aprovado esta moción e nas xornadas lográronse compromisos para que se traballen mocións similares en decenas de concellos de toda Euskal Herria.
Ademais distintos músicos, deportistas, bertsolaris, profesores e artistas presentaron o manifesto 'elkartasunez' que responde á inicitiba 'pacbi' (www.pacbi.org) para o boicot cultural e académico a Israel.
En canto ao sector estudantil e xuvenil tamén deron pasos para a socialización e a loita contra calquera tipo de expresión israelí-sionista e tomado compromisos de pechar as portas a Israel en ámbitos como o académico e de mocidade. Toda esta campaña recóllese en www.israeliboikot.org.
Desde este mesmo sector tomáronse compromisos para ir sacando á cocacola de institutos, universidades e gaztetxes, do mesmo xeito que máis de 50 bares, locais, etc. de Euskal Herria e decenas de comisións de txosnas (bares populares nas festas dos pobos) que decidiron dicir 'Non' a cocacola. (Pódense consultar en www.cocacolariez.org).
Estamos seguras de estar dando pasos na dirección correcta: as campañas de boicots ademais de responder solidariamente ás necesidades expostas desde pobos irmáns na loita anti-imperialista, son unha ferramenta inmellorable para impregnar de internacionalismo todos os sectores, ámbitos e organizacións do movemento popular vasco. Deste xeito poderase lograr activar aos sectores máis comprometidos na solidariedade internacionalista e así axudar máis efectivamente a Palestina, Colombia, México, WallMapu, Líbano, Venezuela, Cuba...
"Euskal Herriaren Lagunak"
Amigas/vos de Euskal Herria é a outra cara da moeda. A solidarid de ida e volta. En euskara 'solidariedade' dise 'elkartasuna' que traducido literalmente significará 'calidade/sentimento de e para ambos'. É dicir que non pode ser entendida 'unilateralmente'.
Máis de 20 amigos e amigas de Euskal Herria participaron no Internazionalista Eguna e nas xornadas. Deron charlas, tiveron diversas reunións con movementos e organizacións sociais e políticas, e ademais xuntáronse entre eles para compartir e valorar o traballo realizado, e planificar o próximo 'curso político'.
Sen dúbida, a solidariedade cara a Euskal Herria está nun bo momento de saúde. Cada vez máis amigos e amigas de Euskal Herria entenden as claves do conflito que se vive neste pobo: o non recoñecemento dunha nación e os seus dereitos e a contínua represión de calquera iniciativa que intente a construción nacional en clave socialista.
En Elorrio xuntáronse amigas/vos de Castela, Països Catalans, Portugal, Paris, Holanda, Eire, Italia, Alemaña, Canada e Canarias. Durante as charlas mostraron en Euskal Herria as imagenes da II Semana de Solidariedade con Euskal Herria na que se mobilizaron máis de 2.000 persoas en 25 cidades distintas e reafirmaron o seu compromiso de seguir traballando a solidariedade con Euskal Herria, por encima de intoxicacións e intentos de criminalización.
Cabe destacar, ademais, que con motivo das Xornadas Internacionalistas, o alcalde do X municipio de Roma (cuns 200.000 habitantes) fixo chegar unha carta de solidariedade para os alcaldes e concelleiros da esquerda independentista vasca que foron desposuídos dos seus lexítimos cargos, ademais de denunciar que mediante a represión non se pode solucionar un conflito político. Expresou ademais a súa solidariedade cos alcaldes de Mendexa, Aulesti e Hernani aos que tivo a oportunidade de coñecer nunha xira de charlas e contactos que realizaron por Italia.
Podedes lerr máis noticias sobre as Xornadas Internacionalistas en:
http://www.askapena.org/jardunaldiak08
En Euskal Heria cada vez é máis xente consciente de que este pobo ten boas e bos amigos ás duras e ás maduras. Recibir a vosa solidariedade e a vosa tenrura emociónanos e dános ánimo para seguir adiante. JoTaKe irabazi arte!
Hamaika herri, borroka bakarra!
www.askapena.org