Partido dos Traballadores da Bélxica
Resolución sobre o Tratado de Lisboa e o referendo en Irlanda
Solidariedade coa campaña irlandesa polo Non ao Tratado de Lisboa
O Seminario Comunista Internacional de Bruxelas de 2008 pola presente remite a súa solidariedade coa loita que manteñen para lograr o "Non" no referendo irlandés sobre a Constitución da UE o denominado Tratado de Lisboa. Este tratado constitucionaliza as políticas do neoliberalismo, asegura unha militarización dos países membros da UE e fortalece o carácter imperialista da UE, impondo dese modo unha crecente ameaza non só aos povos da Europa senón aos povos do mundo.
O "establishment" político europeo negou aos povos de Europa o dereito aos referendos para decidir se este documento debe ratificarse ou non. Negouse baixo o falso pretexto de que o Tratado de Lisboa ? ao contrario que a rexeitada Constitución da UE ? non transfire soberanía nacional ás institucións da UE. En lugar diso, os parlamentos dos países membros da UE están ratificando o tratado. Seguramente saben que por medio de discusións abertas nunca poden lograr o apoio popular masivo para as políticas antisociais e neoliberais. A arrogancia do sistema político parece non haberse cambaleado.
Unha parte moi importante dos nosos dereitos democráticos, o dereito á negociación colectiva libre no mercado laboral, está no punto de mira, e estívoo desde a aplicación da Directiva de Desprazamentos da UE (1996). Pero coa ampliación da UE en 2004, miles de traballadores dos países membros máis pobres traballan nos países ricos da UE. Traballan a miúdo en condicións clandestinas, moi mal pagos, moitos en condicións case de escravitude. As empresas europeas utilizan a estes traballadores migrantes para reforzar o dumping social e promover a división e ruptura da clase obreira.
As sentenzas Vaxholm e Rüffert do Tribunal de Xustiza da UE representan un ataque os dereitos dos traballadores. Deben desenvolverse novas accións políticas e militantes, así como conferencias sindicais. As sentenzas serven perfectamente a un obxectivo importante da UE: a eliminación do movemento sindical como un obstáculo intolerable á "cuarta liberdade" de todos os tratados da UE, a libre circulación de traballadores. A directiva de Desprazamentos e a directiva de Servizos son por agora os instrumentos do ataque da Europa empresarial contra a clase obreira.
Aparte dunha consolidación destas medidas danosas, o Tratado de Lisboa implica o final de toda soberanía nacional real, e ampliará a falta de democracia na propia unión. Significará o final de calquera outro referendo na UE.
A Campaña irlandesa polo NON loita polo dereito á soberanía nacional e a democracia de todos os países membros da UE e polos dereitos da clase obreira. Observamos a vosa loita e a loita de todas as forzas progresistas e contrarias á UE que propugnan o NON. A vosa vitoria creará unha xigantesca onda de esperanza e novo valor en todos os países membros da UE.
Non ao Tratado de Lisboa
Solidariedade e unidade dos traballadores
Solidariedade coa Campaña irlandesa polo NON
Bruxelas, 18 de maio de 2008