A CARESTÍA DA AUGA
A peor de todas as crises visibles, a carestía da auga, aínda non chega, pero empeza a perfilarse no horizonte.
O banco de investimentos Goldman Sachs, brazo armado financeiro do complexo militar-industrial de Estados Unidos, fala deste tema como o maior risco global. Goldman Sachs inculpa da crise, non á globalización, senón á agricultura.
Nicholas Stern, un vulgar privatizador que usufructúa a catástrofe, fala de privatización; sentencia que a “xente” (sic) non tomou en serio o risco de desabasto
considera falsamente como “non renovable” o “ouro azul”. Polo visto, descoñece as leis da termodinámica.
O G-7 contribuíu á crise da auga e agora pretende formular a súa solución global mediante a maligna privatización trasnacional.
Cando un modelo financeiro económico como a desregulada e caótica globalización, imposta pola unipolaridade tecnomilitar estadunidense non garante as necesidades vitais do xénero humano, é que non serve e debe ser erradicado da face da Terra.
( Resumo do artigo de Alfredo Jalife- Rahme en “Bajo la lupa”- La Jornada, 8 de xuño)