O EXERCITO DA UE!!
Partido dos Traballadores
Campaña sobre o Tratado de Lisboa
COMUNICADO DE PRENSA
Venres 6 de xuño de 2008
A PRESIDENCIA FRANCESA ADÍA OS PLANS PARA REFORZAR O PODER MILITAR DA UE
A Presidencia Francesa da Unión Europea está agardando a que remate o referendo irlandés sobre o Tratado de Lisboa para anunciar os seus plans de reforzar a capacidade militar da UE, incluíndo grandes aumentos de gasto, segundo o Partido dos Traballadores.
O director da campaña sobre o Tratado de Lisboa do Partido dos Traballadores, Padraig Mannion, dixo que se as informacións publicadas pola BBC esta mañá (venres) son correctas, xa se están facendo plans para aumentar o gasto militar da UE ao 6% do PIB, ampliando as "forzas de reacción rápida" e elevando amplamente o número de avións de guerra.
O Sr. Mannio dixo que os plans serán desvelados polo Presidente francés Nicolás Sarkozy poucos días despois do referendo irlandés. O Sr. Sarkozy ocupará a presidencia francesa da Unión Europea a partir do 1 de xullo.
"Xa sabemos que é un feito, por medio de correos electrónicos filtrados, que os gobernos da UE tentaron ocultar todas as noticias negativas e atrasar calquera anuncio controvertido ata que Irlanda celebre o referendo do 12 de xuño, con todo debemos tomar por seria esta información da BBC. O que Francia está propondo é, en efecto, o exército da UE, para o cal Lisboa achanza o terreo", dixo o sr. Mannion.
"Ata se os franceses non conseguen o 100% dos seus plans, non hai dúbida de que levará a cabo unha maior expansión militar da UE e que o único que pode deter iso agora é un voto NON do pobo irlandés o vindeiro martes. Por iso é esencial que quen se opón a unha maior militarización da UE saian e voten NON ao Tratado de Lisboa" declarou Padraig Mannion.
Padraig Mannion, tel: (01) 874 0716 (office) / (087) 691 1293 (mobile)
Ref: http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/7439104.stm
---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
Dáche: 06-jun-2008 14:52
Subject: WP of Ireland, French Presidency Delaying Plans to Beef up EU Military Might
To: info@solidnet.org
http://www.solidnet.org
News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.
Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .
WP of Ireland, French Presidency Delaying Plans to Beef up EU Military Might
-------------------------------------------------
From: Workers' Party of Ireland, Friday, June 06, 2008
http://www.workers-party.org , mailto:wpi@indigo.ie