terça-feira, 10 de junho de 2008



A CRISE ENERXÉTICA

Esta será a primeira e a última xeración que poderá gozar dos voos de baixo custo, e doutra banda os coches xa non poderán moverse igual (en canto a potencia e velocidade) cos agrocarburantes. En definitiva, de eiquí a un pouco imos ter que enfrontar un escenario de menor enerxía, peor calidade enerxética, e bastante maior prezo da mesma E todo iso, quéirase ou non se queira, pois non hai ningún plan B. Non existe ningunha alternativa viable (hidróxeno, fusión, etc.) ás brutais necesidades enerxívoras do actual modelo urbano-agro-industrial, que ademais é incapaz de sobrevivir sen expandirse.

Para rematar, non hai dúbida de que se o escenario de consumo enerxético apuntado tivese lugar en 2030, o cal é difícilmente previsible, plasmaríanse os peores pronósticos de alteración do clima; feito que por outra banda veu ocorrendo sistemáticamente ata agora nas dúas últimas décadas.

A temperatura podería crecer ao longo deste século case seis grados, o cal derivaría nun planeta sen xeo, no que a Antártida fundiríase e o nivel do mar incrementaríase ata 70 metros, arrasando a gran parte da poboación mundial que se localiza en zonas costeras. De calquera forma, de continuar as actuais tendencias durante un tempo, poden chegar a provocar esta situación de xeito evidente catastrófico.

A depresión-deflación global está xa en marcha, activada polo petróleo.
O pico do ouro negro afectará de cheo ao crecemento económico
, iniciándose unha profunda recesión sen fondo e sen fin. Un século de decrecemento económico global está a piques de empezar. É dicir, o decrecemento do fluxo enerxético global será un verdadeiro torpedo na liña de flotación do actual capitalismo globalizado, baseado na necesidade de crecemento e acumulación constante, que (non o esquezamos) baséase nun consumo enerxético ao alza indefinido. A Natureza, e máis en concreto a xeoloxía, poñerán finalmente límite a este tolo crecemento “sen fin”, e iniciarase a Era do Decrecemento. E iso ocorrerá moi axiña, quizais antes de 2010, ou arredor desa data. Os impactos económicos negativos do cambio climático sobre as dinámicas do capitalismo global serán palpables e crecentemente graves probablemente máis tarde. Así pois, o pico do petróleo implicará que o actual capitalismo globalizado de base financeira terminará definitivamente de saltar os aires, se non o fai antes.

Os límites do sistema materia-enerxía repercutirán de cheo na expansión “sen fin” do sistema monetario financeiro, do diñeiro ficticio, que non só tocará ao seu FIN, senón que en moi gran medida se evaporará no aire, con graves repercusiones tamén para la economía real, pois esta á súa vez é altamente dependente deste capitalismo de casino globalizado.

Unha verdadeira conmoción para a que é preciso prepararse, co fin non só de resistila, senón de que non nos arrase.

De “O crepúsculo da era tráxica do petróleo” de Ramón Fernández Durán. Publicado por Rebelión.