domingo, 8 de junho de 2008




*Partido Comunista da Irlanda*(boas novas!!)

Declaración de prensa
6 Xuño 08

Tratado de Lisboa

.O Partido Comunista de Irlanda celebra hoxe o continuado movemento da opinión pública cara ao voto NON no próximo referendo sobre o Tratado de Lisboa. As últimas sondaxes mostran un marcado movimento cara ao NON, que neste momento ten unha vantaxe de 5 puntos sobre o SI.

.Este movemento da opinión pública é debido á clara análise presentada polos defensores do NON sobre os contidos do Tratado e os perigos que representa para a democracia, a soberanía e os dereitos dos traballadores, non só na Irlanda mais en todos os países da UE.

.É, tamén, unha reacción contra os argumentos apresentados polos partidarios do SE , que caeron no abuso e as descualificacións contra os defensores do NON. A pesar da grande tendenciosidade favorabel ao SI dos medios de comunicación, o povo foi quen de ver para que é este Tratado.

.O Governo e os partidos e organizacións do sistema intentárono todo, mesmo facer desfilar ante os medios de comunicación a sindicalistas retirados atacando aos actuais dirixentes sindicais que asumiron unha valente postura nesta loita pola futura dirección da Unión Europea. prometeron aos granxeiros un veto a negociacións da OMC, cousa que non poderan cumprir pois non posúen competencias.

.Non é este momento de compracencias, senón de redobrar os nosos esforzos, avanzar e continuar comprometidos co povo.

.O Partido Comunista chama así mesmo aos defensores do NON a continuar ignorando os intentos por parte do Governo e os partidos do sistema, así como dos seus medios de comunicación, de demonizar e dividir aos partidarios do NON, e a entender os ataques que sufriremos nos últimos días desta loita como parte dos seus continuos intentos de dividir e vencer.

Statement ends

Eugene Mc Cartan
Secretario Xeral
00353 1 6708707



*End*

subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,
http://www.solidnet.org