quarta-feira, 11 de junho de 2008


Outro día de infamia (Mensaxe de René González Sehwerert)


A todos os que nos queren:

Novamente descárgase sobre nós, e sobre os nosos seres queridos, a baixeza de quen pretenden a través deste caso satisfacer os seus instintos de vinganza contra a nosa patria.

Cando se trata de santificar o terrorismo e os crimes contra o pobo de Cuba; políticos, xuíces, fiscais e oficiais da orde non atopan limites para mentir, malinterpretar, confabularse e facer mofa das leis que din representar. Poucas veces se amosa tan espida a ficción dos tres poderes do estado, como cando lles convoca a defensa sen concesións dos seus mezquiños intereses comúns e sacrifican ante eles, solícitos, a súa propia vergonza.

Este é o modelo de xustiza que se pretende impoñernos, so pretexto de rescatarnos para a liberdade e a democracia.

¡Ai de Cuba se semellante cohorte de truhans, algún día, recupera os estrados, vístese de axentes da orde ou asalta o ministerio publico!.

Aos nosos familiares cuxo amor nos sosten, cuxo recordo alimenta os nosos espíritos, cuxas palabras aléntannos e cuxo sufrimento nos fire, pero nos compromete; vaian as nosas expresións de optimismo, a seguridade de que nos preservaremos, e os nosos sentimentos de infinito amor.

Aos nosos amigos en todo o mundo que nos enchen de esperanzas, que nos abruman co seu afecto, e que nos ofrecen mais agarimo do que é posibel corresponder; o noso mais profundo sentir de gratitude e admiración.

Ao noso heroico e nobre pobo de cuxa historia somos depositarios, cuxa proeza de resistencia impúlsanos, e cuxa integridade física e felicidade defendemos; vaia a advertencia do Che, reiterada desde as entrañas do monstro:

"No imperialismo non se pode confiar, pero nin un tantico así"

Pechar filas e defender a Revolución, é a única resposta digna a esta canallada.

Contade connosco.

Ata a Vitoria Sempre.