sexta-feira, 13 de junho de 2008


Cuba denuncia que Wáshington subordina os dereitos humanos no mundo aos
seus "intereses nacionais vitais"


Prensa Latina (Xenebra, 9 jun)/ insurxente.- Cuba cualificou hoxe ao actual
goberno de Estados Unidos "como o máis grave e perverso trasgresor do
dereito internacional e o máis recoñecido violador dos dereitos humanos
en todo o mundo". Refírese así á decisión reiterada da Casa Branca
de vincularse ao Consello de Dereitos Humanos (CDH) da ONU, "unicamente
cando haxa asuntos de profundo interese nacional", segundo expresou o voceiro
do departamento de Estado Sexan McCormack. "Os que se arrogan a condición
de xendarmes mundiais, non teñen a máis mínima vontade de render conta dos
seus actos. O demais son simples pretextos. Intentan deslegitimar a
instancia (o CDH) para descoñecer a súa autoridade".




Cuba cualificou hoxe ao actual goberno de Estados Unidos "como o máis grave e
perverso trasgresor do dereito internacional e o máis recoñecido violador
dos dereitos humanos en todo o mundo".

Refírese así á decisión reiterada da Casa Branca de vincularse ao
Consello de Dereitos Humanos (CDH) da ONU, "unicamente cando haxa asuntos
de profundo interese nacional", segundo expresou o voceiro do departamento de Estado
Sexan McCormack.

Nun comunicado de prensa da Misión Permanente de Cuba ante a Oficina
das Nacións Unidas en Xenebra e os Organismos Internacionais, asegúrase que Wáshington lle teme ao escrutinio en dereitos humanos.

Refírese así á decisión reiterada da Casa Branca de vincularse ao
Consello de Dereitos Humanos (CDH) da ONU, "unicamente cando haxa asuntos
de profundo interese nacional", segundo expresou o voceiro do departamento de Estado
Sexan McCormack.

"Estados Unidos non é membro do Consello. O seu pésimo historial en materia de dereitos
humanos, frustraría calquera aspiración dese país a integrar o
Órgano", considerou a representación diplomática cubana aquí.

Indicou que é no Consello de Seguridade onde a Administración Bush sente
cómoda porque "o que non lles convén, sinxelamente vétano".

As recentes declaracións do señor McCormack confirman o unilateralismo
e a selectividade da actual administración estadounidense. Reiteran o
profundo desprezo dese goberno á cooperación internacional en materia
de dereitos humanos, anotou.

A nota advirte que se os actuais inquilinos da Casa Branca tivesen
a responsabilidade de decidir a presentación de Estados Unidos ante o
mecanismo de Exámen Periódico Universal (EPU) do CDH, "téñase a seguridade
que iso nunca ocorrería".


"Os que se arrogan a condición de xendarmes mundiais, non teñen a máis
mínima vontade de render conta dos seus actos. O demais son simples
pretextos. Intentan deslegitimar a instancia (o CDH) para descoñecer a súa
autoridade".

Só queda esperar que a nova Administración estadounidense que asumirá
as súas funcións o próximo ano, non siga os pasos dun goberno de tan mala
reputación, sentenciou.