PC ISRAEL visitaches un país Árabe? Agora xa non podes participar no parlamento Israelí
O pleno da Knesset (parlamento israelí) ponse a lume vivo tras a lectura do último proxecto de lei, e a denuncia do Partido Comunista a devandita lei por "racista e primitiva".
As discusións acrecentáronse en ambos os lados do espectro político o pasado mércores, por mor dunha nova proposta de lei, que declaraba que todo individuo que visite "nacións inimigas" sen a debida autorización, será declarado ineleXible para formar parte do parlamento. A proposta de lei superou a primeira lectura do pleno -con 63 votos a favor, e 16 en contra, 3 abstencións - incluíndo ao Primeiro Ministro Ehud Olmert e o Ministro de Finanzas, Ronnie Bar-On.
Olmert e Bar-On decidiron absterse, a pesar dunha anterior proposta favorable do goberno, elaborada por ?Zevulun Orlev (Unión Nacional-NRP) e Estherina Tartman (Yisrael Beitenu). Tartman saudou a votación: "Ao fin, vemos á Knesset reflectindo o que a maioría de Israel espera. Con esta proposta de lei, empezamos un proceso de reconquistar o respecto e fortaleza como nación e como pobo."
Os parlamentarios Mahammad Barakeh e Dou Khenin (Hadash- Fronte democrática pola Paz e Igualdade - Partido Comunista de Israel) criticaron a proposta de lei por ser inherentemente racista. "O terrible surXimento de propostas racistas aprobadas pola Knesset alcanzou un novo nivel, ao pasar esta proposta coa bendición da coalición", engadiron.