segunda-feira, 14 de julho de 2008

10.07.08
Irán: Guerra ou privatización - Guerra total ou “conquista económica”?

x Michel Chossudovsky

Un dos principais obxectivos das sancións económicas propostas por EE.UU. é impedir que compañías europeas, rusas e chinesas adquiran máis cotas da economía iraniana

Puxeron en lista de espera a guerra contra Irán?
Teherán vai permitir que inversionistas estranxeiros, no que podería ser interpretado como unha apertura a Occidente, adquiran a propiedade total de empresas do Estado iraniano no contexto dun programa de privatización de longo alcance ao estilo “libre mercado”.

Co prezo do petróleo cru a 140 dólares o barril, o Estado iraniano non está en apreturas económicas como no caso dos países en desenvolvemento máis endebedados, obrigados polos seus acredores a vender os activos estatais para pagar a súa crecente débeda externa.

Cales son as motivacións políticas tras esta medida? E por que Agora?
Xa estableceron contactos con sete compañías occidentais. Teherán permitirá que o capital estranxeiro ?compre cantidades ilimitadas de accións de empresas controladas polo Estado que están no proceso de ser vendidas.?

Aínda que o programa de privatización de Irán foi lanzado durante o goberno de Mohammed Jatami a fins dos anos noventa, a recente venda de accións de empresas estatais clave apunta cara a un novo proxecto económico. A medida subxacente é transcendental. Vai máis aló do marco de privatización prevalecente aplicado en varios países en desenvolvemento dentro da esfera de influencia de EE.UU.:

?A iniciativa está deseñada para atraer máis investimento estranxeiro e forma parte do programa global de liberación económica do país.

?Irán deixará de facer distincións entre firmas nacionais e estranxeiras que desexen adquirir compañías estatais mentres a propiedade estranxeira no seu conxunto nunha industria en particular non exceda un 35%... Por exemplo, unha compañía estranxeira pode adquirir unha compañía siderúrxica iraniana pero non se permite que compre todas as empresas na industria siderúrxica iraniana.

Entre as novas medidas incentivas anunciadas, as firmas estranxeiras tamén poderán transferir fora do país os seus beneficios anuais da súa compañía iraniana na moeda que desexen.? (?Irán permitirá un 100% de propiedade estranxeira,? Press TV, 30 de xuño de 2008)

É importante analizar coidadosamente esta decisión. A oportunidade do anuncio da Organización Iraniana de Privatización (IPO) coincide con crecentes ameazas de EE.UU. e Israel de conducir unha guerra en todas as frontes contra Irán.

Ademais, o programa de desinversión cumpre coas esixencias do ?Consenso de Wáshington?. O Fondo Monetario Internacional (FMI) confirmou con algunhas reservas, que Teherán comprometeuse a unha ?continua transición cara a unha economía de mercado viable e eficiente,? implicando ao mesmo tempo que a creación de ?confianza para investimentos? require unha aceleración do programa de privatización.

No seu Estudo de maio de 2008 (Art. 4 Consultas), o FMI eloxiou a Teherán polo seu programa de desinversión, que esencialmente transfire a propiedade de activos estatais a mans privadas, mentres subliña tamén que o programa está sendo realizado dun xeito rápido e eficiente.

Baixo a ameaza de guerra, ten esta nova iniciativa de Teherán industrias crave a intención de cumprir coas esixencias do goberno de Bush?

Sábese que as institucións de Bretton Woods serven directamente os intereses de EE.UU. Non só están vinculadas a Wall Street e ao Tesouro de EE.UU., tamén están en contacto co Departamento de Estado de EE.UU., o Pentágono e a OTAN. O FMI e o Banco Mundial son consultados a miúdo antes do embate dunha gran guerra. Nas secuelas da guerra, están involucrados na subministración de préstamos ?de reconstrución post-conflito.? A este sentido, o Banco Mundial é un actor crave na canalización de ?axuda externa? tanto a Iraq como a Afganistán.

As medidas de privatización suxiren que Irán está disposto a permitir que o capital estranxeiro obteña o control sobre importantes sectores crave da economía iraniana.

Segundo o presidente da Organización Iraniana de Privatización (IPO), Gholamreza Kord-Zanganeh, unhas 230 compañías estatais están destinadas a ser privatizadas ata fins do ano iraniano (marzo de 2009). As accións dunhas 177 compañías estatais foron ofrecidas na Bolsa de Comercio de Teherán no último ano iraniano (que terminou en marzo de 2008).

A estatal Compañía de Telecomunicación de Irán (TCI) xa indicou que ?unha serie de compañías estranxeiras de telecomunicacións expresaron interese na adquisición das súas accións cando o goberno venda parte dos seus intereses dentro dun mes. Informes da prensa local non nomearon aos posibles inversionistas. TCI ten o monopolio do mercado de liñas fixas de Irán e é tamén o maior operador celular do país a través da súa subsidiaria MCI.? Alcatel, de Francia, o grupo MTN de Sudáfrica e Siemens de Alemaña xa posúen considerables participacións na industria de telecomunicacións de Irán.

Outros sectores crave da economía, incluíndo as industrias do aluminio, cobre, ferro e aceiro foron recentemente ofrecidos para ser privatizados, e as accións de compañías estatais foron introducidas na Bolsa de Comercio de Teherán (TSE).

Máis complexo do que parece
Está relacionada dalgún xeito esta decisión de Teherán de implementar un transcendental programa de privatizacións coa continua belicosidade e presión de EE.UU.?

A primeira vista parecería que Teherán estivese cedendo ás esixencias de Wáshington para evitar unha guerra total.
Serían entregados os haberes de Irán nunha bandexa de prata aos inversionistas occidentais estranxeiros, sen que sexa necesario que EE.UU. conquiste novas fronteiras económicas por medios militares?

Pero a cousa é máis complexa do que parece.
Wáshington non ten interese na imposición dun programa de privatización a Irán, como ?alternativa? a unha guerra total. Nos feitos é precisamente o contrario. Existen indicios de que o obxectivo principal do goberno de Bush é paralizar o programa de privatización.

No canto de ser aplaudido por Wáshington como un paso na dirección correcta, o programa de privatizacións de Teherán coincide co lanzamento (maio de 2008) dunha resolución de longo alcance no Congreso de EE.UU. (H.CON. RES 362), que chama a impor sancións financeiras mundiais dirixidas contra Irán:

"[H. CON. RES. 362] insta ao presidente, nos termos máis firmes, a utilizar de inmediato a súa autoridade existentes para impor sancións ao Banco Central de Irán... bancos internacionais que continúen realizando transaccións financeiras con bancos iranianos proscritos;... compañías de enerxía que investiron 20.000.000 dólares ou máis no sector petrolífero ou de gas natural iraniano en calquera ano dado desde a promulgación da Lei de Sancións contra Irán de 1996; e todas as compañías que sigan facendo negocios co Corpo de Garda Revolucionaria Islámica de Irán.? (Vexa texto completo en inglés de H.CON RES 362) (Énfase agregada)

A resolución esixe ademais que “o presidente inicie un esforzo internacional para aumentar inmediata e dramaticamente a presión económica, política, e diplomática sobre Irán... prohibindo a exportación a Irán de todos os produtos de petróleo refinados; impondo estritos requirimentos de inspección de todas as persoas, vehículos, barcos, avións, trens, e carga que entre ou salga de Irán; e prohibindo o movemento internacional de todos os funcionarios iranianos non involucrados na negociación da suspensión do programa nuclear de Irán.” (Énfase agregada)

Se esas sancións económicas fosen realizadas e impostas, paralizarían as transaccións comerciais e monetarias. Sobra dicir que tamén debilitarían o programa de privatización de Irán e impedirían a transferencia de activos iranianos a mans estranxeiras.

Guerra económica
A conta de que se oporía o goberno de Bush á adopción dun programa de desinversión ao estilo neoliberal, que desposuiría á República Islámica dalgúns dos seus activos máis lucrativos?

Se a ?conquista económica? fóra o obxectivo final dunha axenda militar impulsada polas ganancias, cal é entón o propósito de bombardear Irán, se Irán realmente acepta entregar os seus activos a prezos polos chans a inversionistas estranxeiros, dun modo moi parecido a como o fixeron outros países en desenvolvemento como Indonesia, as Filipinas, Brasil etc.?

Os maiores inversionistas estranxeiros en Irán son China e Rusia
Mentres as compañías de EE.UU. están claramente ausentes da lista de inversionistas estranxeiros directos, Alemaña, Italia e Xapón teñen importantes participacións inversionistas no petróleo e o gas, a industria petroquímica, a xeración de enerxía e a construción, así como no sistema bancario. Xunto a China e Rusia, son os principais beneficiarios do programa de privatización.

Un dos principais obxectivos das sancións económicas propostas en H. RES CON 362 é impedir que compañías estranxeiras (incluíndo as da Unión Europea e de Xapón), adquiran unha maior parte da economía iraniana baixo o programa de desinversión de Teherán.

Outros países con importantes investimentos en Irán son Francia, India, Noruega, Corea do Sur, Suecia e Suíza. Svedala Industri, de Suecia, ten grandes participacións nas minas de cobre de Irán.

Francia, Xapón e Corea teñen participacións na industria automóbil, na forma de acordos de licenza con fabricantes iranianos de autos.

ENI Oil, de Italia, está involucrada no desenvolvemento das fases 4 e 5 do campo petrolífero South Pars, que ascende a 3.800 millóns de dólares. (Vexa Organización Iraniana de Privatización, informe 2008). Total e o conglomerado anglo-holandés Shell están involucrados no gas natural.

Aínda que o proceso de privatización non inclúe a desinversión da compañía petroleira estatal de Irán, crea un ambiente que favorece o investimento estranxeiro na refinería de petróleo, a industria petroquímica, a economía de servizos para o petróleo, así da infraestrutura para o petróleo e o gas, incluíndo a exploración, oleo e gasodutos dunha serie de países que inclúen a China, Rusia, Italia, Malaisia, etc.,

A pesar de que varias corporacións estadounidenses realizan (extraoficialmente) negocios en Irán, o réxime de sancións comerciais de EE.UU. (renovado baixo o goberno de Bush) declara ilegal que cidadáns e compañías estadounidenses teñan negocios con Irán. Noutras palabras, non se permitiría que corporacións de EE.UU. adquiran activos do Estado iraniano baixo o programa de privatización a menos que se levante o réxime de sancións comerciais de EE.UU.

Ademais, todas as firmas estranxeiras son tratadas en condicións de igualdade. Non hai tratamento preferente para as compañías de EE.UU., non hai un corrupto arranxo ao estilo colonial como en Iraq desgarrado pola guerra, que favorece a transferencia directa da propiedade e o control de sectores enteiros da economía nacional a un puñado de corporacións de EE.UU.

Noutras palabras, o programa de privatización de Teherán non serve os intereses económicos e estratéxicos de EE.UU. Tende a favorecer a países que teñen relacións e comerciais e de investimento coa República Islámica desde fai moito tempo.

Favorece a inversionistas chineses, rusos, europeos e xaponeses a costas de EE.UU.
Socava e debilita a hexemonía estadounidense. Vai contra o plan de Wáshington de auspiciar unha Nova Orde Mundial ?unipolar? a través de medios económicos e militares.

É o motivo polo cal Wáshington quere paralizar este programa mediante un réxime mundial de sancións económicas que, se fose implementado, paralizaría o comercio, o investimento e os fluxos monetarios con Irán.

O réxime de sancións económicas proposto baixo H. CON 362 ten o propósito de illar a Irán e de impedir a transferencia de activos iranianos a mans de potencias económicas competidoras como China, Rusia, a Unión Europea e Xapón. É equivalente a unha declaración de guerra.

Como amarga ironía, H CON 362 serve para debilitar os intereses económicos de varios aliados de EE.UU. A Resolución impediríalles situarse en Oriente Próximo, a pesar de que eses aliados (por exemplo Francia e Alemaña) tamén participan a través da OTAN na planificación da guerra contra Irán.

Guerra e manipulación financeira
O goberno de Bush optou por unha guerra total contra Irán en alianza con Israel, a fin de establecer unha esfera de influencia exclusiva de EE.UU. en Oriente Próximo.

Unha operación militar contra Irán patrocinada por EE.UU. e Israel, tería unha considerable e violenta repercusión contra os intereses económicos e financeiros de varios dos aliados de EE.UU., incluíndo a Alemaña, Italia, Francia, e Xapón.

Dun modo máis xeral, unha guerra contra Irán afectaría a intereses corporativos involucrados na economía civil, a diferenza dos que están vinculados máis directamente ao complexo militar-industrial e á economía de guerra. Debilitaría economías locais e rexionais, a economía de manufactura para o consumo e os servizos, á industria automóbil, as liñas aéreas, á economía do turismo e o lecer, etc.

Ademais, unha guerra total alimentaría a axenda impulsada polos beneficios da banca global, incluíndo aos especuladores institucionais no mercado enerxético, os poderosos xigantes do petróleo anglo-estadounidenses e os produtores de armas de EE.UU., os cinco grandes contratistas da defensa, máis British Aerospace Systems Corporation, que teñen un papel importante na formulación da política exterior de EE.UU. e a axenda militar do Pentágono, para non mencionar a gama de compañías de mercenarios e contratistas militares.

Unha pequena cantidade de corporacións e institucións financeiras globais cébanse da guerra e a destrución en detrimento de importantes sectores de actividade económica. En liñas xerais, a parte principal da economía civil está ameazada.

Ante nós temos conflitos e rivalidades entre os niveis superiores do sistema capitalista global, que opón en gran parte aos protagonistas corporativos que teñen interese na guerra á economía capitalista en xeral que depende en última instancia do continuo desenvolvemento da demanda de consumo civil e de investimentos.

Estes intereses creados nunha guerra motivada polos beneficios tamén se alimentan da recesión económica e dos trastornos financeiros. O proceso de colapso económico resultante, por exemplo, dos aumentos especulativos dos prezos do petróleo e os alimentos, provoca bancarrotas en gran escala, que terminan por posibilitar que un puñado de corporacións e institucións financeiras globais ?saquen as castañas do lume? e consoliden o seu control global sobre a economía real así como sobre o sistema monetario internacional.

A manipulación financeira está intimamente relacionada co proceso de toma de decisións militares. Os grandes bancos e institucións financeiras teñen vínculos cos aparellos militares e de intelixencia. O coñecemento anticipado ou a información confidencial por parte deses especuladores institucionais respecto de ataques terroristas específicos ?de bandeira falsa?, ou operacións militares en Oriente Próximo é a fonte de tremendas ganancias especulativas.

Tanto a axenda belicista como o proposto réxime de sancións económicas provocan, dun modo bastante deliberado, unha atmosfera global de inseguridade e de caos económico.

Pola súa banda, os especuladores institucionais en Londres, Chicago e Nova York non só viven do caos económico e da inseguridade, as súas accións manipuladoras nos mercados da enerxía e das materias primas contribúen a levar á bancarrota a amplos sectores da economía civil.

Os trastornos económicos e financeiros que resultan dos aumentos nos prezos do petróleo cru e dos alimentos básicos son a fonte de beneficios financeiros dun puñado de protagonistas globais. Aos especuladores non lles preocupan as consecuencias de gran alcance dunha guerra máis ampla en Oriente Próximo, que podería levar a un escenario dunha Terceira Guerra Mundial.

O lobby prol-israelí en EE.UU. serve indirectamente a eses poderosos intereses financeiros. No contexto actual, Israel é un aliado con importantes capacidades militares que serve o obxectivo xeral de EE.UU. en Oriente Próximo. Wáshington, con todo, preocúpase pouco pola seguridade de Israel, que no caso dunha guerra contra Irán sería o primeiro obxectivo dunha acción de represalia de Teherán.

O obxectivo xeral de EE.UU. consiste no establecemento, a través de medios militares e económicos, dunha esfera exclusiva de influencia de EE.UU. en todo Oriente Próximo.

Global Research. http://www.globalresearch.ca