PPS of Mexico, Declaración do CC en solidariedade coa Revolución Bolivariana
-------------------------------------------------
From: Popular Socialist Party of Mexico, Thursday, July 03, 2008
http://www.ppsdemexico.org , mailto:ppsm@ppsdemexico.org
==================================================
Declaración en Solidariedade coa Revolución Bolivariana de Venezuela
Aprobada polo 129 Pleno do Comité Central.
Partido Popular Socialista de México
Zacatecas, xuño 20-21 de 2008
Os integrantes do Comité Central do Partido Popular Socialista de México, reunidos no 129 Pleno, na cidade de Zacatecas, resolvemos expresar a nosa solidariedade co proceso revolucionario iniciado en Venezuela polo Presinte Hugo Chávez Frías: a Revolución Bolivariana.
Desde a súa chegada ao poder e co impulso da Revolución, resolvéronse paulatinamente os graves problemas do pobo venezolano herdados de máis de 20 anos de gobernos neoliberais. As misións e programas sociais implementados en beneficio popular, reflicten xa unha melloría nas condicións de vida dos máis necesitados.
Así mesmo, a presenza de Chávez no concerto latinoamericano foi unha voz que aglutina a causa común contra o imperialismo e que a través de proxectos como o ALBA busca a integración baseada na cooperación e axuda mutua e non no afán de lucro.
Esa decisión do Presidente Chávez, de distribuír a riqueza, sobre todo a do petróleo, e afectar intereses das empresas privadas transnacionales e dunha burguesía parasitaria e entreguista, provocou o rexeitamento das oligarquías locais e das forzas máis reaccionarias, que intentaron por todos os medios posibles, incluído o golpe de estado, boicotear e truncar ese proceso.
O noso partido saúda a combatividadE do Presidente Chávez na súa denuncia contra o imperialismo; no seu afán de contribuír á integración latinoamericana e en garantir para o pobo venezolano a súa plena independencia e soberanía nacional.
SALA DE SESIÓNS DO COMITE CENTRAL DO PARTIDO POPULAR SOCIALISTA DE MEXICO
ZACATECAS, ZAC. 21 de xuño de 2008
*End*
subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,
http://www.solidnet.org