terça-feira, 29 de julho de 2008

Antifascistas estonianos condenan reunión de veteranos da SS.

Tallin * Rep Estoniana.
O Comité Antifascista de Estonia condena a reunión que se preparan a celebrar este sábado os veteranos estonianos das Waffen SS, indica un comunicado difundido polo comité.
Activistas da división estoniana da SS e da "Unión por Liberación de Estonia" integrada polos veteranos da Segunda Guerra Mundial que pelexaron xunto aos nazis, celebrarán unha reunión tradicional o vindeiro sábado nas proximidades de Sinimäe, un poboado no nordeste do país.

"Os antifascistas estonianos chaman a condenar aos que gostan reunirse baixo as insignias das Waffen SS e aos que desexan reescribir a historia do século XX", di o comunicado.
O Comité Antifascista de Estonia destaca que os lexionarios letones das Waffen SS queren xustificar por todos os medios os crimes que cometeron contra a humanidade.
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia tamén mostra a súa indignación polas reunións que celebran en Estonia os veteranos da SS. En opinión de Moscova, inténtase de popularizar o nazismo, algo totalmente inadmisible nun país membro da Unión Europea.

O 8 de maio de 2005 o goberno de Tallín inaugurou oficialmente un monumento ás tropas do Eixo. O monólito, que ten unha placa de bronce coa figura dun soldado nazi e unha lenda de encomio aos membros dos corpos SS.
En marzo de 2006, veteranos da Lexión Letona das Waffen SS, desfilaron en Letonia.
Desde o 7 ata o 11 de agosto celebráronse os xogos paramilitares nazis "Erna Retk 2007", auspiciados polo Ministerio de Defensa e apoiados activamente pola Forza Aérea comandada polo Coronel Valeri Saar.
Os Erna Retk celébranse desde o verán de 1993.