ALEMANIA PROHÍBE TV KURDA
mércores, 25 de xuño de 2008
O Goberno Federal alemán, este gran defensor dos Dereitos Humanos e da
liberdade de expresión (en Cuba, Irán, Venezuela, África, Burma, Belarús,
Rusia,...), prohibiu onte a canle TV kurdo "Roj-TV". Esta canle transmite
desde o ano 2004 por satélite un programa informativo e cultural en varios
dialectos kurdos, inglés, turco, árabe e outros idiomas. Con motivo do
tradicional día nacional kurdo, Newroz, o 21 de marzo de 2008, Roj-TV prolongara a súa programación aos 24 horas ao día. Actualmente, Roj-TV segue
transmitindo a súa programación desde Dinamarca e Bélxica, pero perdeu os seus
estudos en Wuppertal e tamén se pechou a empresa de producións "VIKO".
Xa en febreiro de 2008, meses antes da prohibición, pechouse a
transmisión de Roj-TV nas redes de cable do Estado Federado de Renania
do Norte-Westfalia, o máis populoso de Alemaña. En maio, a policía asaltou
os estudos da canle en Wuppertal e vivendas privadas das súas peridoistas
e comisou moito material, ata unha gravación dunha voda, as
computadoras e documentos.
Non se sabe se é unha simple casualidade que o Ministro Federal do Interior
alemán, Wolfgang Schäuble, prohibiu á canle exactamente un día antes do
semifinal da eurocopa de fútbol onde se diputarán hoxe pola noite
Alemaña e Turquía. O goberno turco xa desde o ano 2005 pide do goberno
danés o peche da canle Roj-TV. Parece que o réxime en Ankara xa tiña
máis éxito ante as autoridades alemás.